Fernando Lugo, nado en San Solano (Paraguai) o 30 de maio de 1951, é un político paraguaio e bispo da Igrexa católica.

Infotaula de personaFernando Lugo

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(es) Fernando Armindo Lugo Méndez Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(es) Fernando Armindo Lugo Editar o valor em Wikidata
30 de maio de 1951 Editar o valor em Wikidata (72 anos)
San Pedro del Paraná, Paraguai Editar o valor em Wikidata
Presidente da União de Nações Sul-Americanas (pt) Traducir
29 de outubro de 2011 – 22 de xuño de 2012
← Bharrat JagdeoOllanta Humala →
Presidente de Paraguai
15 de agosto de 2008 – 22 de xuño de 2012
← Nicanor DuarteFederico Franco (pt) Traducir →
Bishop of the Roman Catholic Diocese of San Pedro (en) Traducir
5 de marzo de 1994 – 11 de xaneiro de 2005
← Oscar Páez Garcete (en) TraducirAdalberto Martínez Flores (pt) Traducir →
Senator of Paraguay (en) Traducir


Circunscrición electoral: national constituency (en) Traducir
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeParaguai Editar o valor em Wikidata
RelixiónIgrexa católica Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade Católica de Nossa Senhora de Assunção (pt) Traducir
Pontificia Universidade Gregoriana Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónbispo católico (1994–), sacerdote católico (1977–2008), sociólogo , político Editar o valor em Wikidata
Partido políticoAlianza Patriótica para el Cambio Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Orde relixiosaSociedade do Verbo Divino Editar o valor em Wikidata
ConsagraciónJose Sebastian Laboa Editar o valor em Wikidata
Participou en
10 de decembro de 2019tomada de posse de Alberto Fernández (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios
Sinatura
Editar o valor em Wikidata
Fernando Lugo.

Membro da Alianza Patriótica para o Cambio, foi elixido presidente da República de Paraguai o 20 de abril de 2008, co 40,8 % dos votos fronte ao 30,8 % de sufraxios obtidos pola súa principal rival, Blanca Ovelar, da Asociación Nacional Republicana, máis coñecido como Partido Colorado, poñéndolle fin deste xeito a 61 anos de goberno Colorado[1].

Na altura de se presentar ás eleccións, solicitou da Santa Sé o ser reducido ao estado laico, pero foille negado; por contra, a Santa Sé reaccionou suspendéndoo.[2]

Traxectoria editar

Orixes familiares editar

Este antigo estudante de Socioloxía, durante certo tempo mestre de escola, naceu nunha familia pobre de departamento de Itapúa, na fronteira coa Arxentina. Seu tío, Epifanio Méndez Fleitas, grande intelectual, foi un opositor histórico contra o xeneral ditador Alfredo Stroessner (1954-1989). É o máis novo dos seis irmáns dunha familia perseguida baixo aquela ditadura. Seu pai foi encarcerado e torturado, o mesmo que tres dos seus irmáns, que tiveron que se exiliar durante máis de vinte anos.

Vida relixiosa editar

Aos 19 anos, con gran dó de seu pai, escolleu ingresar no seminario, en 1971, na comunidade da Misioneiros do Verbo Divino, integrado na Universidade católica de Nosa Señora da Asunción, de Asunción. a capital do país, na que obtivo a licenciatura en Teoloxía. Foi ordenado sacerdote o 15 de agosto de 1977. Como misioneiro, marchou de seguido para Ecuador, traballando alí na provincia de Bolívar até 1982, en contacto coas capas máis desfavorecidas da sociedade. Tal experiencia válelle na actualidade o sobrenome de « bispo dos pobres ».

Expulsado de Paraguai polo réxime de Stroessner, porque os seus sermóns eran cualificados de subversivos polas autoridades ditatoriais, estivo catro anos exiliado en Roma, onde en 1983 estuda Socioloxía (obtendo a licenciatura na carreira, con especialización na doutrina social da Igrexa) e Teoloxía na Universidade Pontificia Gregoriana. Antes de regresar ao seu país, o 17 de abril de 1994, foi nomeado bispo de San Pedro de Ycuamandyyú, na rexión máis pobre do país.

En decembro de 2006, renuncia ao cargo de arcebispo, incompatíbel coa súa militancia política[3]. En consecuencia foi declarado suspenso a divinis polo Vaticano en febreiro de 2007[4]. Conserva, porén, a súa cualidade de bispo consagrado.

Vida política editar

Lugo revelouse á escena política en marzo de 2006, cando en Asunción se puxo á cabeza dunha manifestación para protestar contra Nicanor Duarte, presidente da República en exercicio, que quería presentarse para un segundo mandato, acción prohibida pola Constitución do país.

Tal militancia política levou á ruptura coa xerarquía católica, ao prohibir o dereito canónico o exercicio do poder temporal aos eclesiásticos. Logo de 35 anos de cargos eclesiásticos, renunciou ao seu arcebispado en decembro de 2006.

Os poderes exercentes tentaron entón presentalo como un perigoso comunista, parangonándoo co presidente boliviano, Evo Morales, ou mesmo con Hugo Chávez de Venezuela. De feito, Lugo pertence á esquerda moderada, e máis se se ten en conta a súa alianza co partido liberal paraguaio, un partido centrista historicamente, oposto ao partido no poder, mais que non ten nada de revolucionario. Máis que de "esquerdista", Lugo prefire autocalificarse de "progresista". Declárase próximo do presidente brasileiro Lula.

O nacionalismo económico, a loita contra a corrupción e a reforma agraria constitúen os eixos prioritarios do seu programa.

Parece que recibiu ameazas de morte ao longo do ano 2007. En outubro, anunciouse que se presentaba so a éxida do Partido Demócrata-cristián de centro. O escrutinio das eleccións tivo lugar en calma, e saíu elixido presidente da República o 20 de abril de 2008.

Notas editar

  1. http://www.galiciae.com/nova/9818.html Arquivado 22 de abril de 2008 en Wayback Machine. Fernando Lugo pon fin a 61 anos de goberno conservador en Paraguai
  2. "Catholic news service". Arquivado dende o orixinal o 25 de maio de 2012. Consultado o 14 de maio de 2008. 
  3. Ver Code de droit canonique, canon 283, § 3: "Está prohibido aos clérigos ostentar cargos públicos que comportan participación no exercicio do poder civil"; e Can. 287 - § 2: « [Os clérigos] non tomarán participación activa nos partidos políticos nin na dirección das asociacións sindicais, [...]»
  4. "Paraguay: Un évêque candidat à la présidentielle « suspens a divinis". Zenit.org (en francés). 4 de febreiro de 2017. Arquivado dende o orixinal o 05 de xullo de 2013. Consultado o 14 de maio de 2008.