Fernando I de Austria

Fernando I de Habsburgo-Lorena. Nado en Viena o 19 de abril de 1793 e finado en Praga, o 29 de xuño de 1875. Segundo Emperador de Austria (1835-1848), ademais de Rei de Bohemia (1835-1848) e de Hungría (1835-1848) co nome de Fernando V. Casou en 1831 coa princesa María Ana de Savoia, (1803-1884) mais non tiveron descendencia.

Infotaula de personaFernando I de Austria

(1843) Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(de) Ferdinand I. Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento19 de abril de 1793 Editar o valor em Wikidata
Viena (Sacro Imperio Romano Xermánico) Editar o valor em Wikidata
Morte29 de xuño de 1875 Editar o valor em Wikidata (82 anos)
Praga (Imperio Austrohúngaro) Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaCripta Imperial de Viena (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Imperador da Áustria (pt) Traducir
2 de marzo de 1835 – 2 de decembro de 1848
← Francisco I de AustriaArquiduque Francisco Xosé →
Rei Apostólico de Hungría
2 de marzo de 1835 – 2 de decembro de 1848
← Francisco I de AustriaArquiduque Francisco Xosé →
Rei de Bohemia
1835 – 1848
← Francisco I de AustriaArquiduque Francisco Xosé → Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeImperio Austríaco
Cisleitania Editar o valor em Wikidata
RelixiónIgrexa católica Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoPolítica Editar o valor em Wikidata
Lugar de traballo Ploskovice (pt) Traducir
Zákupy (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónpolítico Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua alemá Editar o valor em Wikidata
Outro
TítuloDuque Editar o valor em Wikidata
FamiliaCasa de Habsburgo-Lorena (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
CónxuxeMaria Ana de Saboia (1831, 1831–1875)
Fillossen valor Editar o valor em Wikidata
PaisFrancisco I de Austria Editar o valor em Wikidata  e Maria Teresa da Sicília (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
IrmánsMaría Leopoldina de Austria, Maria Clementina da Áustria (pt) Traducir, María Luísa de Austria, Maria Carolina da Áustria (pt) Traducir, Maria Ana da Áustria (pt) Traducir, Francisco Carlos da Áustria (pt) Traducir, Archduke Johann Nepomuk of Austria (en) Traducir, José Francisco da Áustria (pt) Traducir, Archduchess Caroline Ludovika of Austria (en) Traducir, Archduchess Amalie Theresa of Austria (en) Traducir, Archduchess Marie Caroline of Austria (en) Traducir e Archduchess Ludovika Elisabeth of Austria (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Cronoloxía
6 de setembro de 1838Coronation of Ferdinand I of Austria as King of Lombardy-Venetia (en) Traducir
7 de setembro de 1836coronation of Ferdinand I of Austria as King of Bohemia (en) Traducir
28 de setembro de 1830coronation of Crown Prince Ferdinand of Austria as king of Hungary (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios

Editar o valor em Wikidata

WikiTree: Habsburg-Lothringen-17 Find a Grave: 22121 Editar o valor em Wikidata

Enfermidade e incapacidade editar

Primoxénito e sucesor do emperador Francisco I. Debido á consanguinidade dos seus pais padeceu de debilidade mental e ademais sufría ataques de epilepsia. Polo tanto, contou coa rexencia secreta dun consello por decisión do chanceler Klemens von Metternich, que exercía realmente o poder, xunto ao Arquiduque Luis e o Conde Kolowart. Isto fíxose para evitar que a declaración de incapacidade puidese ser outro factor que puxese en risco ao absolutismo. Non obstante o emperador levou un diario coherente no que en ocasións se encontran ata 20 entradas ao día. A pesar de todo parece que as súas capacidades intelectuais eran bastante limitadas.

Matrimoño editar

 
María Ana de Savoia (1803 - 1884), dona de Fernando I de Austria, retratada por Johann Nepomuk Ender.

O 12 de febreiro de 1831 casou en Turín coa súa prima a princesa María Ana de Savoia, filla de Vítor Manuel I de Sardeña e da súa esposa, a arquiduquesa María Teresa de Austria-Leste. Non tivo descendencia, e sospéitase que nin sequera consumou o matrimonio.[1] Foi sucedido no trono polo seu sobriño Francisco Xosé I, en quen abdicou.[2]

Revolución de 1848 editar

Cando os revolucionarios se encamiñaban ao pazo o emperador pediu a Metternich unha explicación acerca do que estaba a suceder, ao que o Primeiro Ministro respondeu "Están a facer unha Revolución", ao que o emperador, ao parecer respondeu: Xa, Pero teñen permiso? (Ja, dürfen's denn des?).

A pesar diso, tras a Revolución de 1848, que se saldou coa caída de Metternich, e aconsellada a familia do monarca polo príncipe Félix de Schwarzenberg, que se fixo cargo do poder, obrigóuselle a abdicar no seu sobriño o arquiduque Francisco Xosé, que reinaría durante 68 anos.[2] No seu diario Fernando escribiu:

O asunto rematou co novo Emperador axeonllado ante o seu vello emperador e Señor, debo dicir, eu, pedíndolle a súa bendición, a cal dei, poñendo ambas as dúas mans sobre a súa cabeza e facendo o signo da Santa Cruz... entón abraceino e biquei o noso novo Señor, e fomos ao noso cuarto. Despois de todo isto, Yo e a miña querida esposa oímos Santa Misa... máis tarde eu e a miña querida esposa fixemos as maletas.

Últimos días editar

Pasou o resto da súa vida residindo no Castelo de Praga, dada a súa predilección por Bohemia, foi ademais o último rei deste territorio coroado como tal. Como Rei de Bohemia coñecíaselle como "Fernando V, o Bo" (Ferdinand Dobrotivý). En Austria, chamábaselle Ferdinand der Gütige (Fernando o Benigno), pero ridiculizábaselle chamándoo ás veces Gütinand der Fertige (Bueninando o Acabado).

Á súa morte, os seus restos foron trasladados á Cripta Imperial de Viena (Kaisergruft).

Notas editar

  1. van der Kiste, John: Emperor Francis Joseph, Sutton Publishing London, 2005 ISBN 0-7509-3787-4, p 2
  2. 2,0 2,1 Christian Dickinger: Franz Joseph I. Die Entmythisierung. Verlag Ueberreuter, Wien 2002, ISBN 3-8000-3858-7; S. 77.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar

Predecesor:
Francisco I
 
Rei de Hungría

18301848
Sucesor:
Francisco Xosé I
Predecesor:
Francisco I
 
Rei de Bohemia

18351848
Sucesor:
Francisco Xosé I
Predecesor:
Francisco I
 
Emperador de Austria

1835 - 1848
Sucesor:
Francisco Xosé I