Fernando González Laxe

político galego

Fernando González Laxe, nado na Coruña o 6 de setembro de 1952, é un político galego que foi Presidente da Xunta de Galicia co goberno tripartito, entre o 28 de setembro de 1987 e o 2 de febreiro de 1990.

Fernando González Laxe
Fernando González Laxe

26 de setembro de 1987 – 5 de febreiro de 1990
Vicepresidente Xosé Luís Barreiro e Javier Suárez Vence
Precedido por Gerardo Fernández Albor
Sucedido por Manuel Fraga Iribarne

Datos persoais
Nacemento 6 de setembro de 1952 (71 anos) A Coruña, España
Partido PSdeG-PSOE
Profesión Profesor de universidade, política

Traxectoria editar

 
De esquerda a dereita, González Laxe, Xoaquín Fernández Leiceaga e Emilio Pérez Touriño, nunha xuntanza no 2016.

Formación editar

É licenciado e doutor en Ciencias Económicas. Principiou a súa carreira profesional en 1975 como profesor de estrutura económica no Colexio Universitario da Coruña, foi un dos fundadores de ADEGA, chegando a ser o seu secretario xeral[1] e afiliado ó Partido Socialista Galego.

Política editar

González Laxe foi candidato ó Congreso dos Deputados nas eleccións xerais de 1977 polas listas do Partido Socialista Galego e ó senado nas de 1979 xa polo Partido dos Socialistas de Galicia, sen obter escano en ningunha delas. Co PSdeG-PSOE foi secretario da Xunta preautonómica en 1978 e posteriormente subdirector xeral de Pesca (1979-1980). Nas eleccións municipais de 1979 foi elixido concelleiro na Coruña e foi tenente de alcalde e voceiro do PSdeG no concello ata 1982.

Trala vitoria socialista nas eleccións xerais de 1982 foi nomeado director xeral de ordenación pesqueira do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación asemade que representante español na Conferencia Mundial da FAO sobre pesca e no II Congreso Latinoamericano de Pesca. Desde o seu posto no ministerio foi o responsable das negociacións pesqueiras de España coa Comunidade Económica Europea.

En novembro de 1985 foi o candidato do PSdeG á presidencia da Xunta de Galicia, eleccións que gañou Coalición Popular e o seu candidato Xerardo Fernández Albor formou goberno. En 1987, González Laxe presentou unha moción de censura contra o goberno de Fernández Albor trala marcha de Xosé Luís Barreiro, contando ademais, tras o coñecido como Pacto dos Tilos, co apoio de Coalición Galega e o Partido Nacionalista Galego cos que formou un goberno de coalición tripartito o 28 de setembro de 1987 con Barreiro de vicepresidente. Presidente do PSdeG desde 1988 e o seu candidato nas eleccións autonómicas de 1989 e malia obter os mellores resultados ata o momento para o seu partido (28 escanos) non puido impedir a vitoria de Manuel Fraga, o candidato do Partido Popular, por maioría absoluta.

En 1986, foi designado senador en representación da comunidade autónoma, posto no que permaneceu ata 2000.

Retirada da política activa editar

No ano 1993 deixou de ser deputado no Parlamento de Galicia e en 2000 o seu escano no Senado. Non volveu ocupar postos de relevancia política e pasou a ocuparse da súa cátedra de Economía Aplicada na Universidade da Coruña ata a súa xubilación en maio de 2023.[2] Polo medio, en abril de 2009, foi nomeado presidente do Organismo Público Portos do Estado,[3] cargo do que cesou en xaneiro de 2012.

Obra en galego editar

Ensaio editar

Obra en castelán editar

  • Nuevos tiempos modernos. Ideas para una sociedad postindustrial (2024). A Coruña: Hércules.

Notas editar

  1. "Información na web de ADEGA". Arquivado dende o orixinal o 11 de outubro de 2008. Consultado o 27 de maio de 2008. 
  2. Novo Corti, Isabel (21 de maio de 2023). "Fernando González Laxe: la última clase versus la última lección". lavozdegalicia.es (en castelán). Consultado o 3 de decembro de 2023. 
  3. Nova en El Correo Gallego Arquivado 08 de marzo de 2016 en Wayback Machine. (en castelán)

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar

Predecesor:
Xerardo Fernández Albor
  
Presidente da Xunta de Galicia
 
1987 - 1989
Sucesor:
Manuel Fraga Iribarne