Fernando Álvarez Lamelas

enxeñeiro e empresario galego

Fernando Álvarez Lamelas, nado en Xunqueira de Espadanedo o 16 de marzo de 1935 e finado en Madrid o 26 de abril de 2024, foi un enxeñeiro e empresario galego.

Infotaula de personaFernando Álvarez Lamelas
Biografía
Nacemento1935 Editar o valor em Wikidata
Xunqueira de Espadanedo, España Editar o valor em Wikidata
Morte26 de abril de 2024 Editar o valor em Wikidata (88/89 anos)
Madrid, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónempresario , enxeñeiro industrial Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá e lingua galega Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Fillo de mestres, licenciouse en enxeñería industrial en Madrid en 1960. Traballou como enxeñeiro en distintas empresas de fundición e construción en Cantabria e Euscadi, entre elas a alemá Didier GmbH, que tiña parte das súas plantas en Bilbao. En 1970 asume a xerencia da bilbaína , da que posteriormente o nomeaaron conselleiro delegado. Participou na creación da filial española de Karrena GmbH, unha empresa alemá de material refractario e de construción de chemineas industriais. Finalmente comprou a empresa nai en 1997 e converteuse en presidente executivo da nova firma, que recibiu o nome de Beroa con sede en Ratingen (Alemaña). Xubilouse en 2000 e pasou a ocupar a presidencia do consello de administración[1].

Recibiu a Medalla de Prata de Galicia en 2005.

Notas editar

Véxase tamén editar

Bibliografía editar