Ferenc Gyurcsány

político húngaro

Ferenc Gyurcsány (pronunciado Yurchañ) é un político que foi Primeiro Ministro de Hungría dende o 29 de setembro de 2004 até o 14 de abril do 2009, e membro do MSzP (Partido Socialista de Hungría).

Infotaula de personaFerenc Gyurcsány

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(hu) Gyurcsány Ferenc Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento4 de xuño de 1961 Editar o valor em Wikidata (62 anos)
Pápa, Hungría (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Membro da Assembleia Nacional da Hungria (pt) Traducir
8 de maio de 2018 – sen valor

Circunscrición electoral: sen valor
Membro da Assembleia Nacional da Hungria (pt) Traducir
24 de outubro de 2011 – 7 de maio de 2018

Circunscrición electoral: sen valor
Membro da Assembleia Nacional da Hungria (pt) Traducir
16 de maio de 2006 – 23 de outubro de 2011

Circunscrición electoral: sen valor
Primeiro ministro de Hungría
29 de setembro de 2004 – 14 de abril de 2009
← Péter MedgyessyGordon Bajnai →
Minister of Youth and Sports Affairs in Hungary (en) Traducir
18 de maio de 2003 – 27 de setembro de 2004
← György Jánosi (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeHungría Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Pécs (1979–1990)
Türr István Gimnázium és Kollégium (en) Traducir (1978–1979)
ELTE Apáczai Csere János High School and Boarding School (en) Traducir (1975–1978) Editar o valor em Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Budapest Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónpolítico , economista , pedagogo Editar o valor em Wikidata
Partido políticoColigação Democrática (Hungria) (pt) Traducir (2011–)
Partido Socialista Húngaro (pt) Traducir (2000–2011)
Partido Socialista Operário Húngaro (pt) Traducir (1982–1989) Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua húngara e lingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeKlára Dobrev (pt) Traducir (1994–) Editar o valor em Wikidata
Premios

IMDB: nm2147987 Facebook: gyurcsanyf Instagram: ferenc.gyurcsany Youtube: UCmcfw8pO6z8dZlej52LrVyw Editar o valor em Wikidata

Biografía editar

Carreira Política editar

Gyurcsány naceu o 4 de xuño de 1961 en Pápa, na provincia occidental de Veszprém. En 1984 acabou os seus estudos de Maxisterio e comeza os de Economía na Universidade Janus Pannonius en Pécs, diplomándose en 1990.

Ferenc Gyurcsány comeza a súa carreira política nas xuventudes comunistas do KISZ (Kommunista Ifjúsági Szövetség) antes de converterse en vicepresidente da DEMISz (Demokratikus Ifjúsági Szövetség), a Asociación de Mozos Demócratas de Hungría que é sucesora do KISZ.

A partir da instauración da democracia en Hungría en 1990, Gyurcsány lánzase ao comercio e funda varias empresas prósperas como ALTUS que lle permiten converterse na quincuaxésima persoa máis rica do país en 1992.

Retorna á política no ano 2002 como conselleiro estratéxico de Péter Medgyessy, xefe do MSzP, primeiro partido da oposición, antigo primeiro ministro. Tras o retorno ao poder dos antigos comunistas reconvertidos o 21 de abril de 2002, Gyurcsány obtén o posto de ministro da Xuventude, dos Deportes e da Infancia. En 2004 convértese en presidente do MSzP para a rexión occidental de Győr-Moson-Sopron en xaneiro de 2004.

Primeiro Ministro de Hungría editar

No verán de 2004, Gyurcsány oculta cada vez menos a súa ambición de alcanzar o posto de primeiro ministro e Medgyessy, tentando mostrar a súa autoridade, faille dimitir das súas funcións. En menos dunha semana, o primeiro ministro perde a confianza dun dos seus socios de gobernos gobernamentais e vese forzado a dimitir. Gyurcsány é elixido pola coalición para converterse en primeiro ministro interino o 25 de agosto e investido o 29 de setembro.

O 21 de marzo de 2009 anuncia a iniciativa dunha moción de censura construtiva contra a súa persoa e - conforme coa Constitución de Hungría - contra o seu goberno nun Congreso do MSzp celebrado en Budapest. O 14 de abril do 2009 a moción de censura foi aprobada polo Parlamento e Gyurcsány foi substituído no cargo de Primeiro Ministro polo seu Ministro de Economía Gordon Bajnai (un dos seus homes de confianza).

Ferenc Gyurcsány está casado con Klára Dobrev e ten catro fillos: Péter (n. en 1988), Bálint (1990), Anna (1996) e Tamás (1997).

Ligazón externa editar

Predecesor:
Péter Medgyessy
Primeiro Ministro de Hungría
 

2004 - 2009
Sucesor:
Gordon Bajnai