Ferdinando (lúa)

Ferdinando é o máis externo dos satélites irregulares retrógrados de Urano. Foi descuberta por Matthew J. Holman, John J. Kavelaars, Dan Milisavljevic, e Brett J. Gladman o 13 de agosto do 2001 e recibiu a designación provisional de S/2001 U 2.

Ferdinando
Descubrimento
Descuberta por Matthew J. Holman
John J. Kavelaars
Dan Milisavljevic
Brett J. Gladman
Descuberta en 13 de agosto do 2001[1][2]
(confirmado no 2003[1][3])
Características orbitais
Radio orbital medio 20 901 000 km[4]
Excentricidade 0,3682
Período orbital 2887,21 d
Inclinación 170° (respecto da eclíptica)[5]
Satélite de Urano
Características físicas
Radio medio 10 km (estimado)[5]
Área superficial ~1.300 km2 (estimada)
Volume ~4.200 km³ km3(estimado)
Masa ~5,4 x 1015 kg (estimada)
Densidade media 1,3 g/cm3 (asumida)
Período de rotación ?
Oblicuidade da eclíptica ?
Albedo 0,04 (asumido)[5]
Temperatura superficial ~65 K (estimada)

A pesar de ser visto de novo o 21 de setembro e o 15 de novembro do 2001, e tamén o 13 de agosto e o 5 de setembro do 2002, foi considerado perdido. Finalmente sería redescuberto o 24 de setembro do 2003 por Scott S. Sheppard a partir de imaxes obtidas por el mesmo e David C. Jewitt o 29-30 de agosto e o 20 de setembro do mesmo ano. Confirmando as observacións feitas Holman o 30 setembro.

Designado tamén Urano XXIV, foi máis tarde bautizado co nome do fillo do rei de Nápoles na obra de William Shakespeare, A tempestade.

Órbita editar

 
Satélites irregulares retrógrados de Urano.

Ferdinando é o satélite máis exterior de Urano. Segue unha órbita retrógrada, modestamente inclinada pero extremadamente excéntrica. O diagrama ilustra os parámetros orbitais dos satélites irregulares retrógrados de Urano (en coordenadas polares) coa excentricidade das órbitas representada polos segmentos amarelos que se estenden dende o pericentro ó apocentro.

Notas editar

  1. 1,0 1,1 Daniel W. E. Green (01-10-2003). IAU Circular, ed. "IAUC 8213: S/2001 U 2, S/2002 N 4; C/2003 S4". Consultado o 19-12-2008. 
  2. Jennifer Blue (16-10-2008). Working Group for Planetary System Nomenclature (WGPSN), ed. "Planet and Satellite Names and Discoverers". Consultado o 10-12-2008. 
  3. Scott S. Sheppard. Institute for Astronomy at the University of Hawaii, ed. "New Satellites of Uranus Discovered in 2003". Arquivado dende o orixinal o 16-01-2009. Consultado o 10-12-2008. 
  4. Jacobson, R.A. (2003) URA067 (28-06-2007). JPL/NASA, ed. "Planetary Satellite Mean Orbital Parameters". Consultado o 23-01-2008. 
  5. 5,0 5,1 5,2 Scott S. Sheppard; David C. Jewitt, Jan Kleyna (2005). "An Ultradeep Survey for Irregular Satellites of Uranus: Limits to Completeness" (PDF). The Astronomical Journal 129 (1): 518–525. doi:10.1086/426329. Arxiv:astro-ph/0410059. Arquivado dende o orixinal (pdf) o 19-09-2009. Consultado o 20-10-2009. Table 3 ... ri (km) ... 36 ... i Radius of satellite assuming a geometric albedo of 0.04. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar