Fentalla

especie de planta

A fentalla[1] (Polystichum setiferum) é un fento nativo do sur e o oeste de Europa. É máis abondoso en Irlanda, suroeste da Gran Bretaña, oeste de Francia e noroeste da Península Ibérica, onde se combinan invernos suaves e veráns temperados, aínda que tamén aparece puntualmente no norte e nordés de Escocia e leste de Crimea e Turquía; na rexión Mediterránea adoita medrar en cotas altas. Medra en bosques sombrizos e húmidos.

Descrición editar

As frondes, de cor verde brillante miden 30-120 cm de lonxitude. Xeralmente son caídas e polo xeral nun número de 4-10 follas nunha planta madura. As follas son de textura suave, bipinnadas (pinadas en plantas novas). Cada pinna mide de 4 a 14 cm de longo, cunha gran pínnula apuntada cara a arriba na base e as outras pínulas diminuíndo de tamaño dende a base. As frondes individuais viven de 9 a 15 meses e permanecen unidos ao rizoma despois de murchar. Os soros ocupan dúas fileiras a ambos os dous lados da nervadura central de cada pínula e están cubertos por un insidio tipo paraugas agarrado polo centro cos bordos serrados. Producen esporas amarelas claras.

Usos editar

Adóitase utilizar coma planta ornamental en xardíns. Existen varios cultivares cultivados.

Notas editar

  1. Nome común galego en MiniAtlas Xeobotánico de Galicia - http://www.vexetaciondegalicia.es/fento.php?id=polystichum

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar