Felix Bloch

físico suizo

Felix Bloch, nado en Zúric (Suíza) o 23 de outubro de 1905 e finado en San Francisco (E.U.A.) o 10 de setembro de 1983, foi un físico norteamericano de orixe suíza, galardoado co Premio Nobel de Física no ano 1952.

Infotaula de personaFelix Bloch

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento23 de outubro de 1905 Editar o valor em Wikidata
Zürich, Suíza Editar o valor em Wikidata
Morte10 de setembro de 1983 Editar o valor em Wikidata (77 anos)
Zürich, Suíza Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEstados Unidos de América
Suíza Editar o valor em Wikidata
EducaciónETH Zürich
Universidade de Leipzig Editar o valor em Wikidata
Director de teseWerner Heisenberg e Peter Debye Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoFísica, electrón, ferromagnetismo (pt) Traducir e magnetic resonance (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónfísico , profesor universitario , científico nuclear Editar o valor em Wikidata
EmpregadorUniversidade de Leiden, Q65561104 Traducir. Faculdade de Matemática e Ciências Naturais (pt) Traducir (1971–1972)
Proxecto Manhattan (–1943)
Universidade Stanford
ETH Zürich Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua francesa, lingua inglesa e lingua alemá Editar o valor em Wikidata
Participou en
1939Proxecto Manhattan Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
DoutorandoCarson D. Jeffries (pt) Traducir e Michael Schick (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeClara Gertrud Leonore Misch
FillosRuth H. Bloch Editar o valor em Wikidata
Premios

Musicbrainz: 08a9a2f0-394e-45d0-8b13-65302879fd71 WikiTree: Bloch-108 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Naceu nunha familia de orixe xudía. Estudou na Escola Politécnica Federal de Zúric (Eidgenössische Technische Hochschule Zürich) da Universidade de Zúric. Aínda que iniciou estudos en Enxeñería, pronto cambiou aos estudos de Física. Graduado en 1927, proseguiu os seus estudos de Física na Universidade de Leipzig, doutorándose en 1928. Permaneceu en Alemaña, onde estudou xunto a Werner Heisenberg, Wolfgang Pauli, Niels Bohr e Enrico Fermi.

En 1933 abandonou Alemaña por marchar á universidade norteamericana de Stanford, converténdose en profesor desta universidade en 1934 e acadando a nacionalidade estadounidense en 1939.

Investigacións científicas editar

Durante a segunda guerra mundial traballou ao redor da enerxía nuclear no Laboratorio Nacional Los Álamos dos Estados Unidos no Proxecto Manhattan xunto a Robert Oppenheimer, Edward Teller, Otto Frisch, Enrico Fermi, David Bohm, James Chadwick, James Franck, Emilio Gino Segrè, Niels Bohr, Eugene Wigner, Leo Szilard e Klaus Fuchs entre outros. Posteriormente dimitiu para pasar a formar parte do proxecto radar da Universidade Harvard.

Interesado na indución nuclear e a resonancia magnética nuclear, en 1952 foi galardoado, xunto co norteamericano Edward Mills Purcell, co Premio Nobel de Física polos seus estudos, por separado, sobre a medición de campos magnéticos no núcleo atómico, resonancia magnética nuclear.

Entre 1954 e 1955 foi o primeiro director do CERN situado en Xenebra.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar