Felipe Vallese
Felipe Vallese, nado na Arxentina en 1940 e finado en 1962, foi un obreiro da metalurxia e dirixente da Juventud Peronista (JP), secuestrado o 23 de agosto de 1962, durante o goberno de facto de José María Guido e logo desaparecido. É considerado o primeiro desaparecido da historia arxentina contemporánea.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 14 de abril de 1940 Buenos Aires, Arxentina |
Morte | 23 de agosto de 1962 (22 anos) San Martín, Arxentina (pt) |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Arxentina |
Actividade | |
Ocupación | sindicalista |
Secuestro editar
No momento do seu secuestro, Vallese tiña 22 anos e era delegado da fábrica TEA. Diversas testemuñas manifestan que foi conducido á comisaría 1° de San Martín, e que alí foi torturado, probablemente ata a súa morte. O seu corpo nunca apareceu. O feito provocou unha importante conmoción social e a súa aparición con vida pasou a formar das reivindicacións de diversas organizacións. Fíxose popular o canto:
“Un grito que estremece / queremos a Vallese”
Homenaxe editar
Na actualidade a rúa antigamente chamada Canalejas de Buenos Aires, onde foi secuestrado, leva o seu nome, ao igual que o salón de actos da CGT e diversas agrupacións obreiras, estudantís e sociais.
Literatura editar
O escritor arxentino Paco Urondo relata o caso na súa novela “Los pasos previos”.