Felipe Bárcena Castro
Felipe Bárcena Castro, IV Conde de Torrecedeira, nado en Vigo en maio de 1906[1] e finado na mesma cidade o 4 de agosto de 1984[2], foi un político galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | maio de 1906 Vigo, España |
Morte | 4 de agosto de 1984 (78 anos) Vigo, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | político |
Lingua | Lingua castelá |
Familia | |
Pai | Manuel Bárcena Andrés |
Irmáns | Manuel Bárcena Castro |
Traxectoria editar
Fillo de Manuel Bárcena Andrés, II Conde de Torrecedeira. Oficial do Banco de España en Vigo. Xefe local de Falange Española de Vigo, foi detido en Vilagarcía de Arousa o 1 de xullo de 1936 cando participaba con outros falanxistas nunha reunión clandestina co xefe de Falange de Galicia Daniel Buhigas.[3] Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 ingresou voluntario no exército sublevado,[4] e déronlle o mando dunha centuria de falanxistas pontevedreses que se uniu á Legión Gallega de Falange.[5] Foi ferido na fronte de Aragón en novembro de 1936.[6] Foi nomeado inspector nacional do servizo de excombatentes en novembro de 1939.[7] Coronel de Infantaría. Herdou o título nobiliario do seu irmán Manuel Bárcena Castro en 1962.
Vida persoal editar
Casou con Pilar Varela de Limia País e foi pai de Felipe, María del Carmen, Obdulia, María Teresa, Inmaculada, María Isabel e Alfredo Bárcena Varela de Limia.