Feldespato

mineral constituído por silicatos de aluminio, potasio, calcio e sodio

Os feldespatos son un grupo de minerais constituídos por silicatos de aluminio, potasio, calcio e sodio. Son uns minerais que forman unha serie isomorfa na que estes tres últimos elementos químicos substitúen en ocasións ó aluminio creando diferentes variedes con diversas propiedades físicas e químicas.

Feldespato
Mineral de feldespato
Fórmula químicaDiferente segundo a variedade
ClaseSilicatos
SubclaseTectosilicatos
Sistema cristalinoDiferente segundo a variedade
CorDiferente segundo a variedade
BrilloVítreo
Dureza6-6,5
FracturaConcoidea
ExfoliaciónPerfecta
RaiaBranca
DensidadeDiferente segundo a variedade

Aspecto editar

Os feldespatos acostuman aparecer de forma masiva. Moi raras veces o fai en forma de cristais.

Variedades do feldespato editar

Segundo sexa a súa composición química os feldespatos poden dividirse en:

Lugares onde se atopa editar

Os feldespatos son uns minerais moi abundantes na codia terrestre. Moi frecuentemente atópase en asociación co cuarzo e a mica formando parte das rochas plutónicas coma o granito, sendo o responsable da meteorización ou caolinización deste.

Propiedades editar

Os feldespatos son moi alterables polas condicións meteorolóxicas e acostuman sufrir cambios na súa estrutura e converterse moi facilmente en caolín, proceso de meteorización que se coñece co nome de caolinización. A caolinización prodúcese en ambientes húmidos e cargados de CO2 (dióxido de carbono). O CO2 convértese en CO3 para unirse co potasio, calcio ou sodio, formando carbonatos.

Outros silicatos editar

Outros silicatos importantes son:

A olivina, a mica e o cuarzo.

Véxase tamén editar