Fei Dao

escritor chinés

Jia Liyuan (chinés simplificado: 贾立元; pinyin: Jiǎ Lìyuán), nado en Chifeng (Mongolia Interior) no 1983, é un investigador en Literatura e escritor chinés de ciencia ficción, máis coñecido co pseudónimo de Fei Dao (chinés simplificado: 飞氘; pinyin: Fēi Dāo).

Infotaula de personaFei Dao
Biografía
Nacemento1983 Editar o valor em Wikidata (40/41 anos)
Chifeng, República Popular da China (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeRepública Popular da China Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade Normale de Pequim (pt) Traducir
Universidade Tsinghua Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritor Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Doutorouse en Literatura pola Universidade de Tsinghua. Con posterioridade adícase á investigación na Universidade Normal de Pequín, antes de regresar como profesor á de Tsinghua, onde en 2017 comeza a impartir un novo curso sobre escritura de ciencia ficción.Na actualidade ocupa un posto de director executivo do Centro de Investigación e Escritura Literaria de Tsinghua. [1]

Obra editar

Fei Dao é autor das coleccións de contos en chinés, traducidas ao inglés, Innocence and Its Fabrications, The Storytelling Robot, Chinese Scifi Blockbusters e The Long Journey to Death. Entre as súas obras traducidas con anterioridade atópanse os seus relatos ≪A Story of the End of the World≫ e ≪The Demon's Head≫, publicados en italiano e inglés. Diversos artigos seus, de corte académico sobre o xénero da ciencia ficción, foron publicados en Science Fiction Studies, Literary Review, Contemporary Writers Review, Suhu e Comparative Literature in China.

Moitas das historias de Fei Dao están a cabalo entre a fantasía e a ciencia ficción, o autor emprega os elementos das fábulas e do futurismo en paralelo. O relato curto traducido ao español na antoloxía Estrellas Rotas como ≪El robot al que le gustaba contar trolas≫ é unha fábula calviniana que explora o sentido da maravilla nos autómatas.

Notas editar

  1. Liu, Ken (11 de novembro de 2023). Runas, ed. Estrellas Rotas. pp. 225–. ISBN 978-84-9181-924-0. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar

  • 飞氘 (La literatura china traducida en España)