Feeble Little Horse

Feeble Little Horse (estilizado en minúsculas) é unha banda estadounidense de indie rock formada en Pittsburgh, Pennsilvania, en 2021. No presente o grupo está fichada polo selo Saddle Creek Records.

feeble little horse
OrixePittsburgh, Pensilvania,
Período2021 - presente
Xénero(s)indie rock, noise pop, shoegaze
Selo(s) discográfico(s)Julia's War Recordings, Saddle Creek
MembrosSebastian Kinsler
Ryan Walchonski
Jake Kelley
Lydia Slocum
Na rede
feeblelittlehorse.com

Historia editar

Feeble Little Horse foi formada a principios do ano 2021 polos guitarristas Sebastian Kinsler e Ryan Walchonski, que tocaran anteriormente xuntos nun grupo de garage rock de curta vida.[1] O dúo contou coa axuda do batería Jake Kelley para lanzar o seu traballo de estrea.[1] O primeiro EP da banda, modern tourism, lanzouse en maio de 2021.[2] O grupo ampliouse para incluír á cantante e baixista Lydia Slocum, e feeble little horse publicou o seu álbum de estrea, Hayday, a través do selo de Filadelfia Julia's War Recordings en outubro de 2021.[3]

O grupo fichoiu por Saddle Creek Records en outubro de 2022, e reeditou Hayday tranto a trvés deste selo como da etiqueta Unstable Collective, aumentando a lista de cancións para incluír o tema "Dog Song 2" e unha remestura de "Termites" realizada polo grupo de shoegaze de Filadelfia Full Body 2.[4] O segundo sinxelo do álbum, "Chores", foi loubado por The New York Times e Pitchfork tras o seu lanzamento.[5][6]

O 27 de febreiro de 2023, feeble little horse anunciou o seu segundo álbum con Saddle Creek, Girl with Fish, e publicou o seu primeiro sinxelo, "Tin Man". Este primeiro sinxelo foi seguido por un segundo tema, "Steamroller", o 4 de abril, e un terceiro, "Pocket", o 10 de maio. O disco editouse o 9 de xuño de 2023.[7][8]

Discografía editar

Álbums editar

Álbum Ano Selo
modern tourism 2021 autoeditado
Hayday 2021 Julia's War Recordings
Girl with Fish 2023 Saddle Creek Records

Notas editar

  1. 1,0 1,1 "Band To Watch: Feeble Little Horse". Stereogum (en inglés). 2022-12-05. Consultado o 2023-12-14. 
  2. "Feeble Little Horse's dizzying journey beyond the world of DIY". WXPN (en inglés). 2022-12-22. Consultado o 2023-12-14. 
  3. "Six Bands to Know from Pittsburgh’s Flourishing DIY Scene". Bandcamp Daily. 2022-08-30. Consultado o 2023-12-14. 
  4. Sacher, Andrew (2022-10-25). "feeble little horse sign to Saddle Creek, release expanded edition of debut LP & new video". BrooklynVegan (en inglés). Consultado o 2023-12-14. 
  5. Pareles, Jon; Zoladz, Lindsay (2022-10-28). "Rihanna Inches Back to Music, and 8 More New Songs". The New York Times (en inglés). ISSN 0362-4331. Consultado o 2023-12-14. 
  6. Moreland, Quinn. "Feeble Little Horse: “Chores”". Pitchfork (en inglés). Consultado o 2023-12-14. 
  7. "Feeble Little Horse Announce New Album Girl with Fish" (en inglés). 2023-02-27. Consultado o 2023-12-14. 
  8. "feeble little horse Announce New Album Girl with Fish, Release Single “Tin Man”". Paste Magazine (en inglés). Consultado o 2023-12-14. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar