Federico Cocho
xornalista e escritor galego
(Redirección desde «Federico Cocho de Juan»)
Federico Cocho de Juan, nado en Xinzo de Limia en 1958, é un xornalista e escritor galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1958 (65/66 anos) Xinzo de Limia, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | xornalista , escritor |
Lingua | Lingua galega |
Traxectoria editar
Licenciado en Xornalismo pola Universidade Complutense de Madrid, cursou o Diploma de Estudos Avanzados en Socioloxía na Universidade da Coruña. Traballou en La Voz de Galicia e na reitoría da UDC e colabora como analista da actualidade na Radio Galega.
Obras editar
- O carnaval en Galicia, 1990.
- Cara a cara. Las elecciones de 1993, 1993 (con Luis Villamor).
- Guía práctica de Galicia, 1996.
- O entroido galego, 1998.
- Guerra Civil. Que pasou en Galicia e en España, 2011.
Véxase tamén editar
Bibliografía editar
- Dicionario biográfico de Galicia. Ir Indo Edicións. 2010-2011.
- Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada (DVD). El Progreso. 2005. ISBN 84-87804-88-8.
- Barrera, F., ed. (2002). Gallegos. Quién es quien en la Galicia del siglo XXI (en castelán). El Correo Gallego. ISBN 84-8064-113-4.
- Vilavedra, Dolores, ed. (1995). Diccionario da literatura galega. Autores I. Vigo: Editorial Galaxia. ISBN 84-8288-019-5.