Fausto Dopico

economista e escritor galego

Fausto Dopico Gutiérrez del Arroyo, nado en Xixón en 1944 e finado en Santiago de Compostela o 31 de outubro de 2020, foi un economista e escritor galego.

Infotaula de personaFausto Dopico
Biografía
Nacemento1944 Editar o valor em Wikidata
Xixón, España Editar o valor em Wikidata
Morte31 de outubro de 2020 Editar o valor em Wikidata (75/76 anos)
Santiago de Compostela, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióneconomista , escritor Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua galega e lingua castelá Editar o valor em Wikidata

Dialnet: 95093

Traxectoria editar

Nado en Xixón de pais galegos. Sendo estudante participou na creación do Frente de Liberación Popular (FLP) en Galicia (onde adoptou o nome de Unidade Socialista) e despois integróuse no PSdeG-PSOE.[1] Licenciado en matemáticas e económicas. Foi profesor de Historia Económica na Universidade de Santiago de Compostela dende 1974. Doutor en Económicas coa tese A Ilustración e a sociedade galega, a visión de Galicia dos economistas ilustrados (1977), que foi a primeira tese lida en galego na USC. Catedrático de Historia e Institucións Económicas na USC dende 1992, mantivo relación con Ernest Lluch e colaborou con María Xosé Rodríguez Galdo no campo da historia agraria de Galicia. Foi vicepresidente da ADEH en 1996 e colaborou no campo da demografía histórica. Foi director en Galicia da Universidade Internacional Menéndez Pelayo, dirixiu a Revista Galega de Economía e colaborou en Grial, Revista de Historia Económica e El Museo de Pontevedra. Finou o o 31 de outubro de 2020.[2]

Obras editar

  • A ilustración e a sociedade galega. A visión de Galicia dos economistas ilustrados, 1978.
  • Crisis agrarias y crecimiento económico en Galicia en el siglo XIX, 1981 (con María Xosé Rodríguez Galdo).

Notas editar

  1. La Voz de Galicia, Santiago, 5-2-1980, p. 41.
  2. Fondo pesar na USC polo pasamento do profesor Fausto Dopico

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar