Faustino Gama Casalderrey

político galego

Faustino Gama Casalderrey, nado en Lérez (Pontevedra) e finado na mesma cidade o 29 de decembro de 1936, foi un político galego.

Infotaula de personaFaustino Gama Casalderrey
Biografía
NacementoLérez, España Editar o valor em Wikidata
Morte29 de decembro de 1936 Editar o valor em Wikidata
Pontevedra, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Familia
IrmánsManuel Gama Casalderrey e Alejandro Gama Casalderrey Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Fillo de Faustino Gama. Foi un dinamizador político e un divulgador do marxismo entre a clase obreira pontevedresa dos anos trinta. Como o seu irmán Alejandro era militante do Partido Comunista de España e directivo da Federación Cultural Deportiva Obrera de España (FCDOE) en Pontevedra. Con Alejandro e Manuel Calvo tomaron parte nas milicias formadas no goberno civil e no concello ante o inminente levantamento militar. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 permaneceu fuxido, primeiro polos montes de Lérez e Verducido e despois en diferentes escondedoiros. A presión policial sobre a familia da súa moza, Estrella Portela, que vivía en Salcedo, fixo que volvese cara Lérez e se presentase ao médico Enrique Ballina e ao cura Leandro del Río Carnota, para que o acompañasen a entregarse ás autoridades. Presentado o 28 de decembro, ao día seguinte foi fusilado "por incurso en los bandos vigentes".

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar