Fatima Abdel Mahmoud

Fatima Abdel Mahmoud, nada en Omdurmán en 1944 e finada en Londres o 22 de xullo de 2018, foi unha política sudanesa, líder da Unión Demócrata Socialista Sudanesa.[1] En 1973 foi unha das primeiras mulleres en ocupar un cargo político no Sudán. Presentouse ás eleccións xerais de 2010 como primeira muller candidata presidencial do país.[2]

Infotaula de personaFatima Abdel Mahmoud

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(ar) فاطمة عبد المحمود Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento1 de xaneiro de 1944 Editar o valor em Wikidata
Omdurman (Imperio Británico) Editar o valor em Wikidata
Morte22 de xullo de 2018 Editar o valor em Wikidata (74 anos)
Londres, Reino Unido Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeSudán Editar o valor em Wikidata
RelixiónIslam Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade Rusa da Amizade dos Pobos
Universidade de Columbia Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítica , pediatra Editar o valor em Wikidata
Partido políticoSudanese Socialist Union (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
LinguaÁrabe e lingua inglesa Editar o valor em Wikidata

Páxina webfatimaabdulmahmoud.com Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Primeiros anos editar

Estudou medicina en Moscova nos anos 1960 e graduouse como pediatra.[2] En 1973 foi nomeada viceministra de Mocidade, Deporte e Asuntos Sociais. Este nomeamento, xunto co de Sayeda Nafisa Ahmed al Amin como membro do politburó do partido no goberno, a Unión Socialista Sudanesa, adquiriu notoriedade internacional nunha época na que as estimacións situaban o índice de alfabetización das mulleres no Sudán no 10 %.[3] Abdel Mahmoud desempeñou o seu cargo no Parlamento durante dez anos.

Candidatura presidencial editar

En abril de 2010, celebráronse no Sudán as primeiras eleccións plenamente disputadas (é dicir, as primeiras con candidatos de partidos da oposición) desde 1986. A candidatura presidencial de Abdel Mahmoud foi rexeitada en xaneiro de 2010 pola Comisión Electoral Nacional do Sudán, xunto coas doutros dous aspirantes, alegando que a súa campaña non conseguira obter os avais necesarios.[4] Abdel Mahmoud e os seus partidarios protestaron contra a decisión, que cualificaron de representativa dunha conspiración contra as mulleres. A súa candidatura foi reinstaurada por un tribunal de apelación antes dos comicios.[2]

Moitos partidos de oposición acabaron boicoteando as eleccións, ao considerar que estaban amañadas en favor do presidente Omar al-Bashir.[5] Ao final, Al-Bashir gañou as eleccións cunha ampla maioría. Pola súa banda, Abdel Mahmoud obtivo o 0,3 % do voto total.[6]

Abdel Mahmoud volveu presentarse nas eleccións xerais de 2015, onde obtivo un terceiro posto na elección presidencial e o seu partido quedou sen escanos na Asemblea Nacional.[7][8]

Outras actividades editar

Abdel Mahmoud ocupou a Cátedra Unesco «Muller, Ciencia e Tecnoloxía».[9]

Notas editar

  1. "Fatima, Sudan’s first female presidential candidate, dies at 74" (en inglés). 23 de xullo de 2018. Arquivado dende o orixinal o 26 de xullo de 2018. Consultado o 23 de xullo de 2018. 
  2. 2,0 2,1 2,2 Heavens, Andrew (8 de abril de 2010). "FACTBOX-Sudan's main presidential candidates" (en inglés). Reuters. Arquivado dende o orixinal o 15 de febreiro de 2018. Consultado o 28 de marzo de 2021. 
  3. Dallas, Don (8 de abril de 1973). "Sudanese women seek new path". Reuters. 
  4. McDoom, Opheera (30 de xaneiro de 2010). "Sudan rejects three presidential candidates" (en inglés). Reuters. 
  5. York, Geoffrey (6 de abril de 2010). "In Sudan, hope for change fades as election nears" (en inglés). Globe and Mail. Arquivado dende o orixinal o 03 de marzo de 2016. Consultado o 28 de marzo de 2021. 
  6. "FACTBOX: Sudan presidential election results" (en inglés). Sudan Tribune. 27 de abril de 2010. Arquivado dende o orixinal o 04 de abril de 2019. Consultado o 28 de marzo de 2021. 
  7. "How Sudan's general election works". bbc.co.uk (en inglés). BBC. 11 de abril de 2015. Consultado o 11 de setembro de 2017. 
  8. "Announcement of the Results of the April 2015 General Election" (PDF). nec.org.uk. National Election Commission for Sudan. 27 de abril de 2015. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 18 de maio de 2015. Consultado o 13 de maio de 2018. 
  9. "UNITWIN". UNESCO (en inglés). UNESCO. 2010. Consultado o 11 de setembro de 2017.