Faro de Punta Cabalo

faron na Illa de Arousa

Coordenadas: 42°34′21″N 8°53′02″O / 42.57243, -8.883997

Datos xerais
Localización xeográfica Illa de Arousa
Localización municipal Illa de Arousa,
Provincia de Pontevedra
Construción 1853
Datos técnicos
Código internacional D1826
Descrición
Altura sobre o nivel do mar 10 metros
Altura sobre o terreo 5 metros
Características FI(4) W 13s
Período
Alcance 10 millas náuticas

O faro de Punta Cabalo é un faro que está situado no extremo nordeste da Illa de Arousa, no interior da ría de Arousa, enriba dunhas rochas.

A torre está fincada ata a metade do mesmo nunha das fachadas. Na parte de arriba atópase un balcón e a lanterna, situada nun saínte.

A súa construción comezou no 1853, estando as obras a cargo do enxeñeiro Celedonio de Uribe, e a súa luz prendeuse por primeira vez o 19 de outubro do 1853. Nesta primeira etapa atendérono dous torreiros, máis a principios do século pasado suprimiuse esta figura.

Dende el vese a praia de Area de Secada, e xusto enfronte está a coñecida coma ruta dos golfiños, onde os mesmos acoden para alimentarse co peixe que cruza esa parte da ría.

Galería de imaxes editar

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar