Farmacéutico, farmacéutica

profesional da saúde experto en fármacos
(Redirección desde «Farmacéutico»)

Un farmacéutico ou farmacéutica é un profesional da saúde que exerce a farmacia, na súa función tradicional os farmacéuticos teñen a función de dar ós doentes as medicinas receitadas por un médico, así como aconsellar sobre a uso correcto e os efectos adversos desa medicación, pero un farmacéutico, ademais de traballar nunha oficina de farmacia, pode dedicarse á investigación biomédica, á cosmetoloxía, á análise de augas, traballar nun hospital, colaborar coa administración pública no control do uso de medicamentos ou na industria farmacéutica ostentando a dirección técnica dun laboratorio farmacéutico ou nunha distribuidora de medicamentos.

Farmacéutico do século XVI