Fakir Mohan Senapati

Fakir Mohan Senapati, nado en Mallikashpur o 13 de xaneiro de 1843 e finado o 14 de xuño de 1918, foi un escritor indio, considerado o pai da literatura moderna en oriya.

Infotaula de personaFakir Mohan Senapati

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(or) ଫକୀର ମୋହନ ସେନାପତି Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento13 de xaneiro de 1843 Editar o valor em Wikidata
Balasore (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte14 de xuño de 1918 Editar o valor em Wikidata (75 anos)
Balasore (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeRaj Británico Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpoeta , escritor de viaxes , novelista , escritor Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua oriya Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
FillosSarojini Chaudhury (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Sinatura
Editar o valor em Wikidata

IMDB: nm3390297 Editar o valor em Wikidata
Fakir Mohan Senapati

Traxectoria editar

Foi profesor en Balasore ata que en 1871 o superintentende dos estados tributarios nomeouno dewan de Nilgiri [1], posto que tamén ostentou despois en Dompara, Daspallah e Palalahara. En 1868 estableceu unha editorial en Balasore que publicou varias revistas e deu ao prelo varios libros de texto en oriya da súa autoría.[2] Foi un incansable activista na preservación da lingua oriya[3]

Obra editar

Novelas editar

Aínda que traduciu obras clásicas en sánscrito ao oriya e escribiu poesía, Mohan é sobre todo un novelista.[4] As catro novelas de Fakir Mohan, escritas entre 1897 e 1915, reflicten as condicións socioculturais dos séculos XVIII e XIX en Orissa. Mentres Chha maana Atha Guntha, Mamu e Prayaschita exploran as realidades de vida social nas súas múltiples dimensións, Lachhama é unha novela histórica que se desenvolve durante a época anárquica que en Orissa supuxeron as invasións maratas do século XVIIII. Chha maana Atha Guntha explora a explotación dos campesiños polos terratenentes e constitúe a primeira novela relevante en oriya[5]. Tamén foi o autor da primeira autobiografía en oriya, Atma Jeevan Charita.

Relatos editar

Rebati (1898) está considerado o primeiro relato moderno en oriya[4], é a historia dunha moza inocente que desexa educarse nunha aldeano contexto dunha sociedade conservadora. Outros relatos seus son “Patent medicine”, “Daka Munshi”, ”Adharma Bitta” ou "Randipua Ananta".

Poesía editar

Escribiu un poema longo, Utkala Bhramanam que apareceu en 1892. Escrito nun estilo satírico trata da situación da Orissa daquel tempo.

Notas editar

  1. J. K. Samal e Pradip Kumar Nayak (1996) Makers of Modern Orissa: Contributions of Some Leading Personalities of Orissa in the 2nd Half of the 19th Century Abhinav Publications, p. 57
  2. Jitendra Narayan Patnaik Life and Times of Fakirmohan Senapati Arquivado 20 de setembro de 2016 en Wayback Machine. Orisha Review, febreiro-marzo 2008
  3. About Fakir Mohan Senapti Arquivado 17 de setembro de 2016 en Wayback Machine. FMU NAAC SSR 2015-
  4. 4,0 4,1 Mayadhar Mansinha History of Oriya Literature Sahitya Akademy:Delhi, p. 182
  5. Meenakshi Mukherjee (2002) Early Novels in India. Sahitya Akademi, p. 240