Faisán común

ave da familia dos faisáns e a única delas con poboación salvaxe en Galiza
Faisán común
Phasianus colchicus

Macho en Polonia

Femia en Inglaterra
Femia en Inglaterra

Estado de conservación
Pouco preocupante (LC)
Pouco preocupante[1]
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Aves
Subclase: Neornithes
Infraclase: Neognathae
Superorde: Galloanserae
Orde: Galliformes
Superfamilia: Phasianoidea
Familia: Phasianidae
Subfamilia: Phasianinae
Xénero: Phasianus
Especie: P. colchicus
Nome binomial
Phasianus colchicus
Linnaeus, 1758

O faisán común (Phasianus colchicus) é unha ave da familia dos faisáns e a única delas con poboación salvaxe en Galiza. Pertence á familia Phasianidae, da orde dos galiformes. Orixinaria de Oriente, foi introducida polo ser humano en Europa occidental dende moi cedo, tanto como ave de caza como para o seu aproveito decorativo, posto que as plumas dos machos poden ser moi espectaculares. Tamén se produce en granxas.

Existen dúas subespecies altamente espalladas e conviventes:

Características físicas editar

 
Phasianus colchicus
 
Phasianus colchicus

O faisán adulto mide entre 50 e 90 centímetros de longo, e ten unha cauda moi longa, que pode representar a metade do seu tamaño. Os machos teñen unha plumaxe marrón no corpo, de forma repoluda, pero salferido de plumas brancas, púrpuras ou verdes. A cabeza é verde escura, co peteiro branco, e unhas olleiras vermellas de cor intensa. Na base do pescozo, dependendo da subespecie, pode ter un anel branco.

As femias son moito máis discretas, cunha plumaxe marrón clara, e con pintas negras, similares ás perdices, pero moito maiores ca estas.

Comportamento editar

Os machos son polígamos e territoriais. Viven machos e femias no campo, entre as árbores, e tamén nos matos, e aliméntanse de gran, follas e pequenos invertebrados, pero gabean ás noites para durmiren nas pólas das árbores. Aniñan no chan, cunhas postas de ao redor de dez ovos entre abril e xuño (no hemisferio norte). O período de incubación é de 23 a 2 días. Os polos permanecen coa femia varias semanas, malia medraren moi axiña: en catro meses xa poden ser considerados adultos.

Poden voar en distancias curtas, e a velocidades que roldan os 100 kms/h, pero prefiren escapar á carreira e desprazarse polo chan.

Orixe e distribución editar

A especie é orixinaria de Asia, pero existen diversas fontes á hora de datar a súa introdución en Europa Occidental. Parece ser que os primeiros en traelas foron os gregos, e que de aí saltaron, polo seu valor ornamental, a criárense en Roma. Outras fontes apuntan a unha masiva introdución a comezos da Idade Media. En Gran Bretaña introducíronse no século X, extinguíronse e volvéronse reintroducir a principios do século XIX, con moitísimo éxito. En América comezouse a súa introdución a mediados do XIX e principios do XX (México, Chile...).

En Galiza non é unha ave abondosa, pero pode atoparse nas zonas de montaña próximas a Ourense, así como na raia portuguesa e na montaña interior (Chandrexa de Queixa, Vilariño de Conso...). Tamén se teñen producido avistamentos nas zonas costeiras de Sanxenxo e O Grove. Estanse a realizar soltas experimentais de faisán como especie cinexética e sempre dentro de coutos. Na produción agrícola, en España había en 2003 unhas 52.000 cabezas, pero a maior parte correspondían a Cataluña.

Gastronomía editar

A carne do faisán é menos aprezada cá da perdiz. É seca, e un tanto dura, especialmente nos machos, que son menos queridos na cociña. O faisán de granxa ten máis proteínas e menos graxas ca outras especies avícolas, coma o polo ou o pato.

A carne ten un escaso contido en sodio, polo que se lles recomenda aos hipertensos, e constitúe unha fonte importante de fósforo e vitaminas do grupo B.

Na literatura editar

A novela Danny the Champion of the World, de Roald Dahl, conta a historia dun furtivo e do seu fillo, que se dedican á caza do faisán.

Notas editar

Véxase tamén editar

Bibliografía editar