Na mitoloxía nórdica, Fafner era un dragón. A súa historia cóntanola a Saga Volsunga. Era fillo do rei anano Hreidmar e irmán de Regin e Oder. Tras matar Loki a Oder, o seu pai recibiu o ouro maldicido de Andvari para reparar a morte do seu fillo. Regin e Fafner mataron o pai para quedar co ouro, pero Fafner decidiu quedar con todo, converténdose nun dragón, símbolo da avaricia. Regin enviou ao seu fillo adpotivo, Sigurd, para matar o dragón, o que consegue despois de vencelo.

Fafner, ilustración de Arthur Rackham (1867 — 1939) para a ópera Sigfrido de Richard Wagner