Fab Melo

baloncestista brasileiro

Fabricio Paulino de Melo, nado o 20 de xuño de 1990 en Juiz de Fora, é un xogador brasileiro de baloncesto profesional que xoga no Caciques de Humacao brasileiro.

Fab Melo
Caciques de Humacao
Información persoal
Nacemento 20 de xuño de 1990 (33 anos)
Juiz de Fora, Brasil
Nacionalidade Brasil
Altura 2,13 m (7 ft 0 in)
Peso oficial 124 kg (274 lb)
Posición Pivote
Liga Baloncesto Superior Nacional
Información da carreira
Instituto Sagemont School, Florida
Universidade Syracuse (2010–2012)
NBA Draft 2012 / Rolda: 1 / Elección: 22
Por Boston Celtics
Carreira dende 2012
Historial de equipos
Boston Celtics (2012–2013)
Maine Red Claws (2012–2013)
Texas Legends (2014)
Paulistano (2014–2015)
Caciques de Humacao (2015–presente)

Traxectoria universitaria editar

Melo xogou dúas tempadas para a Universidade de Syracuse. Foi nomeado Xogador Defensivo do Ano da Big East Conference no seu segundo ano.

Traxectoria profesional editar

O 28 de xuño de 2012, Melo foi elixido na 22ª posición do Draft da NBA de 2012 polos Boston Celtics. O 3 de xullo, asinou o seu contrato cos Celtics.[1] O 5 de xullo de 2012, os Celtics anunciaron que Melo estaba no equipo para a Summer League de 2012.[2]

O 15 de agosto de 2013, Melo foi traspasado ós Memphis Grizzlies a cambio de Donté Greene.[3] O 30 de agosto foi cortado polos Grizzlies.[4]

O 10 de setembro de 2013, asinou cos Dallas Mavericks.[5]

Notas editar

  1. "Celtics Sign 2012 NBA Draft Picks". NBA.com. 3 de xullo de 2012. Consultado o 4 de xullo de 2012. 
  2. http://www.weei.com/sports/boston/this-just-in/21211731/rookies-williams-cs-summer-league-roster
  3. "Grizzlies acquire Fab Melo". NBA.com. 15 de agosto de 2013. Consultado o 30 de agosto de 2013. 
  4. "Grizzlies waive recently acquired Melo". Arquivado dende o orixinal o 31 de marzo de 2014. Consultado o 30 de setembro de 2013. 
  5. "Mavericks add three players; roster expands to 18". NBA.com. Turner Sports Interactive, Inc. 10 de setembro de 2013. Arquivado dende o orixinal o 27 de setembro de 2013. Consultado o 10 de setembro de 2013. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar