Un fórceps[1] é un instrumento cirúrxico que semella unhas tenaces que pode ser utilizado en cirurxía para coller, mover ou extraer varias cousas dentro ou dende o corpo.[2] Adoitan empregarse durante o parto para axudar ó bebé a saír.

Fórceps, por Smellie (1792).

En odontoloxía, refírese ó instrumento empregado para a exodoncia de pezas dentarias. Aseméllase a un alicate duns 17 cm de longo. Hai unha gran variedade de formas, segundo o uso para o cal está indicado, xa sexa exodoncia de pezas posterosuperiores (forma en S itálica), para dentes anteriores como o fórceps recto anterior ou para inferiores como o curvo sobre o bordo, entre outros. Asemade, hai de diferentes tamaños de bocados ou parte activa (coa que se fai a aprehensión dos dentes): fino, mediano e groso.

Notas editar

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para fórceps.
  2. Forceps.American Heritage Medical Dictionary 2nd ed. Boston: Houghton Mifflin Co., 2008. 310