Na mitoloxía nórdica, Fólkvangr ("campo da xente"[1] ou "campo do exército"[2]) era o lugar de residencia da deusa Freia en Asgard, o mundo dos Æsir. Freia recibía en Fólkvangr a metade dos caídos en combate, pertencendo a outra metade ó deus Odín. Fólkvangr é mencionado na Edda poética, compilado no século XIII das primeiras fontes tradicionais, e na Edda prosaica, escrito no mesmo século por Snorri Sturluson. De acordo coa Edda prosaica, dentro de Fólkvangr atopábase un salón chamado Sessrúmnir.

"Freia" (1882) de Carl Emil Doepler.
Fólkvangr é chamado,
onde Freia goberna
ós sentados no seu salón.
A metade dos caídos escolle cada día,
e Odín a outra metade.
Gylfaginning, capítulo 24, Edda prosaica[3]

A residencia de Freia é listada entre as doce moradas dos deuses no poema Grímnismál da Edda poética.[4]

Notas editar

  1. Orchard (1997:45).
  2. Lindow (2001:118).
  3. Tradución libre de: Sturluson, Snorri. "Gylfaginning, capítulo 24". Edda prosaica. trad. Arthur Gilchrist Brodeur. Arquivado dende o orixinal o 19/12/2007. Consultado o 22/03/2008. 
  4. Sturluson, Snorri. "Grímnismal, estrofa 14". Edda poética. trad. Arthur Gilchrist Brodeur. Arquivado dende o orixinal o 07/03/2008. Consultado o 22/03/2008. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Outros artigos editar