Félicien de Saulcy

numismático e arqueólogo francés

Louis Félicien Joseph Caignart de Saulcy, coñecido como Félicien de Saulcy ou tamén Félix de Saulcy, nado en Lille o 19 de marzo de 1807 e finado en París o 4 de novembro de 1880, foi un numismático e arqueólogo francés, conservador do Museo de Artillería de París e senador do Segundo Imperio, considerado como un dos fundadores da arqueoloxía bíblica.[1][2]

Infotaula de personaFélicien de Saulcy

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento19 de marzo de 1807 Editar o valor em Wikidata
Lille, Francia Editar o valor em Wikidata
Morte4 de novembro de 1880 Editar o valor em Wikidata (73 anos)
París, Francia Editar o valor em Wikidata
Second Empire senator (en) Traducir
Conservador Musée d'Artillerie (en) Traducir
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeFrancia Editar o valor em Wikidata
EducaciónEscola Politécnica (pt) Traducir
École d'application de l'artillerie et du génie (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoArqueoloxía Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónantropólogo , entomólogo , ensaísta , numismático , arqueólogo , político , tradutor literario Editar o valor em Wikidata
Partido políticoBonapartismo (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua francesa Editar o valor em Wikidata
Obra
Arquivos en
Familia
FillosFélicien Henry Caignart de Saulcy Editar o valor em Wikidata

Aínda que as mostras máis salientables da erudición de Saulcy se deron no ámbito da numismática e da arqueoloxía, tamén se interesou desde novo pola entomoloxía. As súas excursións ao sur de Francia e aos Pireneos, así como a Groenlandia, Islandia e as Illas Feroe, permitíronlle descubrir e dar a coñecer máis de 300 especies novas. Mais a partir de 1870, Félicien de Saulcy abandonou nas súas investigacións o seu interese pola historia natural.[3]

Primeiros anos e formación editar

Félicien de Saulcy naceu en Lille o 19 de marzo de 1807, nunha familia proveniente de Grenoble,[4] fillo de Marie Rose Suzanne Liaubon (1780-1854) e de Félicien Marie Joseph Caignart de Saulcy (1774-1859). O seu pai e o seu avó serviran no corpo de Artillaría.[3]

Xunto co su irmán, Ernest de Saulcy, en 1826 ingresou na Escola Politécnica de París, e nesa época comezou a aproximarse á arqueoloxía e á numismática. Dous anos despois comezou a súa formación militar na Escola de Artillaría e Enxeñaría de Metz,[5] onde se licenciou en 1830.[3] En 1837 acadou o grao de capitán e poucos anos máis tarde foi tamén profesor na mesma escola.[6]

A súa posterior dedicación á investigación en diversos ámbitos transcorreu paralelamente á súa carreira como militar,[7] ata o seu retiro como xefe do escuadrón de Artillaría en decembro de 1855.[8][9][10]

Traxectoria editar

Entre Metz e París editar

Logo da súa graduación, foi destinado temporalmente a Dieulouard, no departamento de Meurthe e Mosela, e alí aproveitou para participar nunha escavacións, das que informou a Academia de Metz, e pouco despois enviou á Sociedade de Anticuarios de Normandía un informe sobre o recinto de Plessis en Gouy, Seine-Maritime. Aínda na década de 1930, publicou o seu primeiro artigo sobre numismática, acerca dun tesouro de diñeiros de Verdún achado en Tronville.[11]

Continuou a publicar artigos sobre numismática nas Mémoires de l'Académie de Metz e, nas súas publicacións posteriores, a súa metodoloxía para a descrición das moedas, as súas atribucións temporais e xeográficas e os seus debuxos supuxeron un novo modelo para a numismática medieval, que se manifesta sinaladamente na súa obra Recherches sur les monnaies de la cité de Metz, de 1836.[12]

No mesmo ano estudou e clasificou a importante colección de moedas bizantinas do tío da súa esposa —coa que casara en 1832—, un labor que resultou na publicación de varios artigos e dun traballo monográfico, titulado Essai de classification des suites monétaires byzantines,[9] que se converteu en referencia para estas series durante décadas.[6] Outra das súas obras máis salientables foi un tratado sobre a moeda ibérica antiga titulado Essai de classification des monnaies autonomes d'Espagne, en 1840, no que incluíu tamén un alfabeto ibérico que supuxo unha gran achega naquel momento para descifrar a epigrafía destas moedas.[6]

Ao ser nomeado conservador do Museo de Artillaría de París o 13 de maio de 1841,[9] de Saulcy abandonou Metz, onde residira ata o momento —agás nalgúns períodos por mor dos seus destinos como militar— e instalouse na capital, onde continuou co seu incesante labor investigador e coas súas publicacións. [13] A súa traxectoria científica foi recoñecida en París co seu nomeamento como académico de número da Académie des Inscriptions et Belles-Lettres o 7 de maio de 1842. Isto abriulle a posibilidade de afondar no estudo do árabe, do hebreo e de diversas linguas mortas de oriente e os seus alfabetos, un tema que centrou varias das súas publicacións da década de 1840.[14]

 
Debuxo das costas do Mar Morto, creado por Félicien de Saulcy.

Viaxes a Oriente: a arqueoloxía bíblica editar

O seu interese polas linguas orientais motivouno para viaxar polo Mediterráneo en 1845, con visitas a Italia, Grecia, Turquía e Exipto. Estas viaxes espertaron nel o interese polas culturas de Oriente Medio e pola arqueoloxía bíblica nos derradeiros anos da década de 1840, ata tal punto que, tras enviuvar en 1850, iniciou unha viaxe por Terra Santa na compaña do seu fillo. Alí dedicouse de cheo ás prospeccións arqueolóxicas en Xerusalén, a cunca do Mar Morto e unha parte de Galilea, cuxos resultados publicou en 1853 en dous volumes, baixo o título de Voyage autour de la Mer Morte et dans les terres bibliques.[10][15]

O 4 de abril de 1856, Augustin Louis Cauchy e Charles Lenormant invitárono á primeira reunión que sentou as bases da asociación Œuvre des Écoles d'Orient —máis tarde coñecida como Œuvre d'Orient—, fundada ese ano.[16]

Saulcy foi nomeado cabaleiro da Orde Ecuestre do Santo Sepulcro de Xerusalén o 5 de decembro de 1863.

En 1863 e en 1869 regresou a Oriente Medio para senllas exploracións en Siria e Palestina;[17] debuxou o mapa do Reino de Amom e publicou diversos artigos e traballos monográficos sobre arte, numismática, arqueoloxía e outras áreas, durante a segunda parte da década de 1860 e a primeira da década de 1870, a partir das súas experiencias nestas viaxes.[18]

De Saulcy foi presidente da comisión do Corpus Inscriptionum Semiticarum.[10]

Derradeira etapa editar

 
Retrato de Félicien de Saulcy na súa madureza.[19]

Mesmo durante a súa etapa de estudos orientais, Saulcy non se abstraeu da onda de interese que a Galia prerromana suscitou entre os eruditos franceses a partir de 1858, e chegou a ser un membro moi activo e mesmo a presidir a Comisión de Topografía das Galias, instituída polo Ministerio de Instrución Pública de Francia. Tamén foi confeccionando unha completa colección de moedas desta época, que lle serviron para os seus estudos sobre estas series, que publicou principalmente na Revue numismatique. Esta colección foi adquirida polo Gabinete de Moedas da Biblioteca Nacional de Francia.[20]

De Saulcy participou nos traballos da comisión para a creación do Museo de Antigüidades Célticas e Galo-Romanas, e tamén foi o impulsor da creación dunha sala xudaica no Museo do Louvre, en París, ná década de 1860.[10]

Xa desde comezos da década de 1870, o interese de Saulcy comezou a tender cara á numismática dos monarcas francesas da dinastía dos Capetos, moi pouco explorada ata aquel momento, que caracterizaron as súas derradeiras emisións.[21]

Félicien de Saulcy tivo unha relación de estreita amizade con Luís Napoleón, quen o nomeou membro do Senado francés o 6 de novembro de 1859,[9][22] e comendador da Lexión de Honra o 15 de agosto de 1866.[8] Saulcy chegou mesmo a acompañar a familia imperial no seu exilio en Inglaterra en 1870, durante seis meses.[10]

Ao longo da súa traxectoria, Félicien de Saulcy foi membro de varias entidades e sociedades eruditas, como a Académie des Inscriptions et Belles-Lettres (1842), a Académie de Metz, o Comité des travaux historiques et scientifiques (1835), a Société nationale des antiquaires de France (1851), a Société Enthomologique e a Société française de numismatique.[9][23]

Vida persoal editar

En 1832, Saulcy casou con Pauline de Brye (1800-1850), dunha antiga familia da Lorena,[12] con quen tivo un fillo, chamado tamén Félicien se Saulcy. Logo de enviuvar casou en segundas nupcias con Charlotte Clotilde Valentine de Billing (1833-1908), o 23 de xaneiro de 1853.[8] Deste segundo matrimonio naceron unha filla e un fillo: Jacqueline Marie Thérèse en 1853 e Eugène Louis Napoléon nado en 1860 e finado ese mesmo ano.

Félicien de Saulcy faleceu repentiamente en París o 4 de novembro de 1880, aos 73 anos.[8][24]

Publicacións editar

Esta é unha escolma dos numerosos traballos numismáticos publicacados por Félicien de Saulcy ao longo da súa traxectoria:

Numismática editar

Arqueoloxía bíblica editar

 
Histoire d'Hérode, roi des Juifs (1867).

Linguas antigas editar

Outros temas históricos editar

Notas editar

  1. "Louis Félicien Joseph Caignart de Saulcy". Real Academia de La Historia (DBE.RAH.es).
  2. "Saulcy, Louis Félicien Joseph Caignart de". JewishEncyclopedia.Com
  3. 3,0 3,1 3,2 Robert, C. (1883). Páxina 10.
  4. Robert, C. (1883). Páxina 9.
  5. "Louis-Félicien Caignart de Saulcy, dit Féloix de Saulcy". Musee-archeologienationale.fr
  6. 6,0 6,1 6,2 Robert, C. (1883). Páxina 12.
  7. Robert, C. (1883).
  8. 8,0 8,1 8,2 8,3 Robert, C. (1883). Páxina 23.
  9. 9,0 9,1 9,2 9,3 9,4 "Caignart de Saulcy, Louis Félicien Joseph". Comité des travaux historiques et scientifiques (CTHS.fr).
  10. 10,0 10,1 10,2 10,3 10,4 "Louis-Félicien Caignart de Saulcy, dit Féloix de Saulcy". Musee-archeologienationale.fr
  11. Robert, C. (1883). Páxinas 10-11.
  12. 12,0 12,1 Robert, C. (1883). Páxina 11.
  13. Robert, C. (1883). Páxina 13.
  14. Robert, C. (1883). Páxina 14-15.
  15. Robert, C. (1883). Páxina 16.
  16. "Le cinquantenaire de l'œuvre des écoles d'Orient". En Oeuvre-orient.fr. 4 de xullo de 2017.
  17. "M. de Saulcy rend compte des principaux résultats de son voyage archéologique en Palestine". En Comptes rendus des séances de l'Académie des Inscriptions et Belles-Lettres. 8. 1864. Páxinas 32-35.
  18. Robert, C. (1883). Páxinas 16-17.
  19. "Portrait de Louis-Félicien-Joseph Caignart de Saulcy, (1807-1880), (archéologue, numismate)". Paris Musées.
  20. Robert, C. (1883). Páxinas 17-19.
  21. Robert, C. (1883). Páxinas 19-21.
  22. "Saulcy Louis-Félicien-Joseph Caignart de". Senat.fr
  23. Robert, C. (1883). Páxinas 5-8.
  24. Van Peterghem, C. (1881).

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Bassan, F. (1956). L. F. Caignart de Saulcy. Carnets de voyage en Orient (1845-1869). Presses Universitaires de France, París.
  • Broc, N. (1992). Dictionnaire des explorateurs français du XIXe siècle. T. 2. CTHS, París. Páxinas 409-411.
  • Dumas, F. (1987). "La création de la Revue de la numismatique françoise à travers la correspondance de Saulcy". En Revue Numismatique. 29. Páxinas 220-232.
  • Garnier, G-P. (2007). "Hommage à Louis-Félicien-Joseph Caignart de Saulcy (1807-1880) à l'occasion du bicentenaire de sa naissance". En Bulletin de la Société française de numismatique. Vol. 62. Nº 3.. Páxinas 66-68.
  • Gran-Aymerich, E. (2001). Dictionnaire biographique d’archéologie 1798-1945. CNRS Editions, París. ISBN 978-2271057020
  • Jané, B (2022). "Félicien de Saulcy". En Guyot-Bachy, I.; Blanchard, J-C. (dir.). Dictionnaire de la Lorraine savante. Éd. des Paraiges, Metz. Páxinas 284-285. ISBN 978-2375351581
  • Merlin, A. (1956). "L. F. Caignart de Saulcy. Carnets de voyage en Orient (1845-1869) publiés par Fernande Bassan". En Journal des savants. Xaneiro-Marzo. Páxinas 44-46.
  • Nicolet-Pierre, H.; Gérin, D. (1981). Louis-Félicien-Joseph Caignart de Saulcy (1807-1880). Bibliothèque nationale, París. ISBN 978-2717715811
  • Robert, C. (1881). "Saulcy. Son œuvre et les hommages rendus à sa mémoire". En Mémoires de l'Académie de Metz,? 1880-1881. Páxinas 455-473.
  • Robert, P. C. (1883). Notice de M. de Saucy. Boutillot, Metz.
  • Rosenberg, S. (2006). "Felicien de Saulcy and the Rediscovery of Tyros in Jordan". En Palestine Exploration Quarterly. 138,1. Páxinas 35-41.
  • Schlumberger, G. (1881). Éloge de M. de Saulcy, lu dans la VIe séance générale de la Société de l'Orient latin, le 16 mai 1881. J.-G. Fick. Xenebra.
  • Van Peterghem, C. (1881). "Nécrologie. Notice sur M. de Saucy". En Revue belge de numismatique. 37º ano. 1881. Páxinas 163-169.
  • Wallon, H. (1888). "Notice historique sur la vie et les travaux de M. de Saulcy". En Mémoires de l'Institut de France. 33-1. Páxinas 245-279.