Explorer 53, tamén coñecido como SAS 3 (acrónimo de Small Astronomy Satellite 3), foi un observatorio espacial da NASA lanzado o 7 de maio de 1975 mediante un foguete Scout F1 desde a plataforma de lanzamento San Marco.[1][2][3]

Explorer 53 / SAS 3
Representación artística de Explorer 53.
TipoObservatorio espacial
OrganizaciónNASA
Destino actualReentrado na atmosfera.[1][2][3]
Data de lanzamento7 de maio de 1975, 22:45 GMT[1][4][5][6]
Foguete portadorScout F1[1][3]
Sitio de lanzamentoPlataforma de lanzamento San Marco[1][2]
Obxectivo da misiónAstronomía en raios X.[1][2]
Decaemento9 de abril de 1979[4]
NSSDC ID1975-037A
Masa196,7 kg[1]
Potencia65 W[1]

Características editar

Explorer 53 foi o terceiro e último, tras Uhuru e Explorer 48, da serie de observatorios espaciais SAS para o estudo do ceo en lonxitudes de onda enerxéticas. A misión principal do observatorio foi estudar no rango entre 0,2 e 60 keV (raios X) as fontes extragalácticas e rexistrar a intensidade e espectro de fontes galácticas. Tamén estudou en detalle a fonte coñecida como Scorpio X-1.[1][2][3]

O observatorio tiña forma de caixa duns 145,2 cm de longo e unha envergadura, cos catro paneis solares estendidos, de 470,3 cm. Almacenaba a enerxía procedente dos paneis nunha batería de níquel-cadmio e estabilizábase mediante un volante de inercia e un sistema de control por torque magnético. O observatorio reentrou na atmosfera terrestre o 9 de abril de 1979.[1][2][3]

Notas editar

  1. 1,00 1,01 1,02 1,03 1,04 1,05 1,06 1,07 1,08 1,09 NASA (10 de febreiro de 2021). "SAS-C" (en inglés). Consultado o 14 de febreiro de 2021. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 Mark Wade (2021). "SAS" (en inglés). Consultado o 14 de febreiro de 2021. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 Gunter Dirk Krebs (2021). Gunter's Space Page, ed. "SAS C (Explorer 53)" (en inglés). Consultado o 14 de febreiro de 2021. 
  4. 4,0 4,1 N2YO (2020). Real Time Satellite Tracking, ed. "EXPLORER 53" (en inglés). Consultado o 14 de febreiro de 2021. 
  5. Claude Lafleur (2021). "Explorer 53 / SAS 3" (en inglés). Consultado o 14 de febreiro de 2021. 
  6. "Letter dated 13 August 1975 from the Permanent Representative of the United States of America addressed to the Secretary-General" (PDF) (75-16756). 26 de agosto de 1975: 2. Consultado o 14 de febreiro de 2021. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar