Explorer 32

Satélite artificial dos Estados Unidos.

Explorer 32, tamén denominado AE-B (Atmospheric Explorer B), foi un satélite científico da NASA pertencente á serie Atmosphere Explorer lanzado o 25 de maio de 1966 desde o Centro Espacial de Cabo Cañaveral a bordo dun foguete Delta.[2][4]

Explorer 32 / AE-B
Explorer 32 / AE-B
TipoCientífico
OrganizaciónNASA
Data de lanzamento25 de maio de 1966[1][2][3]
Foguete portadorDelta[2][4]
Sitio de lanzamentoCentro Espacial de Cabo Cañaveral[2][4]
Duración da misión10 meses[2][4]
Obxectivo da misiónEstudo da atmosfera superior[2][4]
Decaemento22 de febreiro de 1985[1][2][4]
NSSDC ID1966-044A
Masa224,5 kg[2][4]
DimensiónsEsfera de 0,889 m de diámetro[2]

Características editar

Explorer 32 tiña forma de esfera de 0,889 m de diámetro feita de aceiro inoxidable e estabilizábase mediante xiro. Foi selado no baleiro para evita-la contaminación da atmosfera local[2][4] e inxectado inicialmente nunha órbita de 2722 km de apoxeo, 283 km de perixeo e unha inclinación orbital de 64,65 graos.[4]

A alimentación eléctrica procedía de baterías de cinc e prata alimentadas por células solares montadas no exterior do satélite.[2][4]

Levaba sensores ópticos e magnéticos para a determinación da actitude e para os sistemas de control de xiro. Para os momentos nos que o satélite non se atopaba dentro do alcance dalgunha das estacións de terra levaba a bordo unha grabadora de datos en cinta para retransmitir os datos posteriormente. Como sistema de comunicacións empregaba dous sistemas de telemetría por modulación de pulso.[2][4]

Aos dez meses o satélite deixou de funcionar debido á despresurización da esfera causada polo fallo das baterías.[2][4]

Instrumentos editar

Explorer 32 levaba un espectrómetro de masas para ións e dous para partículas neutras, tres medidores de densidade e dúas sondas electrostáticas. Os dous espectrómetros neutros deixaron de funcionar aos seis días do lanzamento. O resto de instrumentos funcionaron ben durante toda a vida do satélite.[2][4]

Despois do lanzamento un dos medidores de presión e un dos espectrómetros fallaron. O outro espectrómetro funcionou intermitentemente.[2][4]

Resultados editar

Entre outros, os datos de Explorer 32 permitiron demostrar que as ondas de gravidade na termosfera están asociadas á estrutura en forma de onda da densidade de electróns na rexión F da ionosfera.[5]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 N2YO (2012). Real Time Satellite Tracking, ed. "EXPLORER 32 (AE-B)" (en inglés). Consultado o 12 de marzo de 2012. 
  2. 2,00 2,01 2,02 2,03 2,04 2,05 2,06 2,07 2,08 2,09 2,10 2,11 2,12 2,13 2,14 NASA (4 de novembro de 2011). "AE-B" (en inglés). Consultado o 12 de marzo de 2012. 
  3. "Letter dated 26 August 1966 from the Permanent Representative of the United States of America addressed to the Secretary-General" (PDF). COMMITTEE ON THE PEACEFUL USES OF OUTER SPACE (66-21526): 2. 2 de setembro de 1966. Consultado o 12 de marzo de 2012. 
  4. 4,00 4,01 4,02 4,03 4,04 4,05 4,06 4,07 4,08 4,09 4,10 4,11 4,12 4,13 Gunter Dirk Krebs (2011). Gunter's Space Page, ed. "Explorer: AE B" (en inglés). Consultado o 12 de marzo de 2012. 
  5. Dyson, P. L.; Newton, G. P.; Brace, L. H. (1970-06-01). "In situ measurements of neutral and electron density wave structure from the Explorer 32 satellite". Journal of Geophysical Research (en inglés) 75 (16): 3200–3210. doi:10.1029/JA075i016p03200. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar