O exoterismo refírese ás doutrinas e ensinanzas de tipo filosófico-relixioso que non se ven limitadas a un determinado grupo de membros e que, polo tanto, son susceptibles de ser divulgadas publicamente e sen segredo. Neste sentido é o concepto oposto a esoterismo.

Tamén pode referirse ás formas rituais ou externas dunha convicción ou crenza.