A exosfera considérase unha zona de transición entre o espazo exterior e a masa gasosa que rodea o planeta Terra.

Sitúase entre os 1.000 e os 700 km de altura e esténdese ata os 9.600 km, o que constitúe o límite exterior da atmosfera.

Está constituíada por materia plasmática. Nela a ionización das moléculas determina que a atracción do campo magnético terrestre sexa maior cá do gravitatorio.

Na exosfera o concepto de temperatura desaparece, xa que a densidade do aire e case desprezable; ademais conten un fluxo que é o que, dende o exterior, vese como os "Cintos de Van Allen". Aquí é o único lugar onde os gases poden escapar xa que a gravidade non é tan forte.

É aquí onde se atopan os satélites artificiais.


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre ciencias é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.