Exosat

Observatorio espacial da ESA.

Exosat (acrónimo de European X-ray Observatory Satellite) foi un observatorio espacial da ESA lanzado o 26 de maio de 1986 desde a base Vandenberg da Forza Aérea mediante un foguete Delta 3914.[1][4]

Exosat
Exosat
TipoObservatorio espacial.
OrganizaciónESA[1]
Destino actualReentrado na atmosfera.
Data de lanzamento26 de maio de 1983[1][2][3]
Foguete portadorDelta 3914[1][4]
Sitio de lanzamentoBase Vandenberg da Forza Aérea[1][5]
Duración da misión3 anos[2]
Obxectivo da misiónObservacións astronómicas en raios X.[1][5]
Decaemento6 de maio de 1986[2]
NSSDC ID1983-051A
Masa500 kg[1][4]
DimensiónsForma cilíndrica, de 192 cm de diámetro e 117 cm de altura.[1]

Características editar

A misión de Exosat consistiu en facer observacións en raios X de diferentes corpos celestes no rango de enerxías entre 0,04 e 80 keV usando dous modos de funcionamento:[1]

  • Modo de ocultación: observábase o corpo mentres a Terra ou a Lúa o ocultaban, determinando con precisión o corpo que estaba a ser observado e os seus trazos estruturais.[1]
  • Modo de apuntado arbitrario: usado para estudar a variabilidade temporal e espectral de diferentes corpos durante longos intervalos de tempo ininterrompidamente e para cartografar fontes de baixa enerxía.[1]

O satélite tiña forma cilíndrica, con 192 cm de diámetro e 117 cm de altura,[1] e foi inxectado nunha órbita altamente excéntrica, cun apoxeo de 192.000 km, un perixeo de 340 km, unha inclinación orbital de 72,5 graos e un período de 5430 minutos.[3] Reentrou na atmosfera o 6 de maio de 1986.[2]

Notas editar

  1. 1,00 1,01 1,02 1,03 1,04 1,05 1,06 1,07 1,08 1,09 1,10 1,11 NASA (4 de novembro de 2011). "EXOSAT" (en inglés). Consultado o 21 de xaneiro de 2012. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 N2YO (2011). Real Time Satellite Tracking, ed. "EXOSAT" (en inglés). Consultado o 21 de xaneiro de 2012. 
  3. 3,0 3,1 "Letter dated 2 June 1983 from the Legal Counsellor of the European Space Agency addressed to the Secretary-General" (PDF). COMMITTEE ON THE PEACEFUL USES OF OUTER SPACE (83-19527): 2. 29 de xullo de 1983. Consultado o 21 de xaneiro de 2012. 
  4. 4,0 4,1 4,2 Gunter Dirk Krebs (2011). Gunter's Space Page, ed. "Exosat" (en inglés). Consultado o 21 de xaneiro de 2012. 
  5. 5,0 5,1 Mark Wade (2011). "Exosat" (en inglés). Consultado o 21 de xaneiro de 2012. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar