Existo
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xuño de 2013.) |
Na mitoloxía grega Existo é o fillo de Tiestes e a súa filla Pelopia e o asasino de seu pai adoptivo Atreo e o seu medio irmán Agamenón.
Nacemento editar
Tiestes, expulsado de Micenas, diríxese ao Oráculo de Delfos co afán de se vingar do seu irmán Atreo quen mandara matar os seus fillos todos. O oráculo predí que só un fillo nada da unión entre el e a súa filla Pelopia o podería vingar. Tiestes vai a Sición, onde a súa filla era sacerdotisa de Atenea e pupila do rei. Unha tarde, levando unha máscara para que non o recoñecese, viólaa cando estaba fóra do templo. Semanas despois Atreo casa con Pelopia e esta ao dar a luz abandona o neno que uns cabreiros recollen, recibindo o nome de Existo ( en grego Αίγισθος de aigos, cabra). Ao saber Atreo o que pasaba mandou buscalo para levalo ao palacio como o seu terceiro fillo, xunto a Agamenón e Menelao.
Morte de Atreo editar
Anos máis tarde por orde de Atreo, Agamenón e Menelao partiron cara a Delfos na procura de seu tío Tiestes, atópano por casualidade, captúrano e lévano a Micenas. O rei ordena a Existo, que entón tiña sete anos, matar a Tiestes na prisión pero este reconéceo e pídelle que antes de o matar traia a súa nai, revelándolle o secreto da súa filiación. Pelopia non o pode soportar e mátase. Logo da morte de súa nai fai crer a Atreo que matou a Tiestes pero cando ten oportunidae mata a Atreo, colocando a Tiestes no trono e expulsa a Agamenón e Menelao. Tempo despois, Agamenón, o rei lexítimo coa axuda de Tíndaro, rei de Esparta, recupera o trono mais perdoa a Existo.
Guerra de Troia editar
Oposto á expedición grega, Existo non segue a Agamenón á guerra de Troia e durante a súa ausencia seduce a Clitemnestra, dona de Agamenón. Ao rematar a guerra e volver Agamenón, os dous amantes mátano xunto coa súa escrava Casandra. Durante sete anos os dous amantes dirixen a cidade ata que Orestes consegue vingar a seu pai matándoos.