O evento de Vitim foi unha explosión aérea de moi alta potencia ocorrida en Siberia o 25 de setembro de 2002 e que chegou a ser detectado polos satélites de alerta temperá. Na mesma zona, cen anos antes, producírase o chamado evento de Tunguska.

Foi unha explosión de medio quilotón onde se acharon importantes cantidades de actividade radioactiva residual en forma de tricio e isótopos radioactivos de cobalto e cesio. Un avión de transporte Antonov An-2 que voaba na área estampouse por causas descoñecidas[Cómpre referencia]. Tamén se observaron auroras boreais e enfermidades asociadas á radiación.

Tanta similitude cunha explosión nuclear resultaba estraña para as autoridades rusas, que estudaron o fenómeno a fondo nas expedicións VITIM-2003 e VITIM-2005. Polo momento pénsase que se tratou do núcleo dun cometa pequeno composto de metais pesados que entraron en fisión ó penetrar na atmosfera terrestre. Ó igual que no evento do Mediterráneo Oriental, este obxecto tampouco foi detectado durante a súa aproximación á Terra.

Véxase tamén editar

Outros artigos editar