Evelyn Waugh

escritor británico


Arthur Evelyn St. John Waugh, coñecido como Evelyn Waugh, nado en Hampstead (Londres) o 28 de outubro de 1903 e finado en Combe Florey (Somerset) o 10 de abril de 1966, é un novelista británico da segunda metade do século XX.

Infotaula de personaArthur Evelyn St. John Waugh
Nome orixinal(en) Evelyn Waugh Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento28 de outubro de 1903
Hampstead (Londres) Reino Unido Reino Unido
Morte10 de abril de 1966
Somerset Reino Unido Reino Unido
Causa da morteMorte natural Editar o valor em Wikidata (Infarto agudo de miocardio Editar o valor em Wikidata)
Lugar de sepulturaChurch of St Peter & St Paul (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
ResidenciaLondres Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeReino Unido Editar o valor em Wikidata
RelixiónCatolicismo Editar o valor em Wikidata
EducaciónHertford College (Oxford) (pt) Traducir
Heath Mount School (en) Traducir
Sherborne School (pt) Traducir
Lancing College (en) Traducir
Heatherley School of Fine Art (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióncorrespondente de guerra , guionista , escritor de ciencia ficción , autor de diarios , autobiógrafo , novelista , escritor , prosista Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1924 Editar o valor em Wikidata -
Xénero artísticonarrativa e ensaio
Influencias
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Carreira militar
Rama militarExército Británico, Royal Navy e Royal Marines (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
ConflitoSegunda guerra mundial Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
Arquivos en
Familia
CónxuxeLaura Herbert (1937–)
Evelyn Gardner (en) Traducir (1928–) Editar o valor em Wikidata
FillosAuberon Waugh (pt) Traducir
 () Laura Herbert
Harriet Mary Waugh (pt) Traducir
 () Laura Herbert
James Waugh (en) Traducir
 () Laura Herbert
Margaret Evelyn Waugh (en) Traducir
 () Laura Herbert
Maria Teresa Waugh (en) Traducir
 () Laura Herbert
Mary Waugh (en) Traducir
 () Laura Herbert
Septimus Waugh (pt) Traducir
 () Laura Herbert Editar o valor em Wikidata
PaisArthur Waugh Editar o valor em Wikidata  e Catherine Charlotte Raban (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
IrmánsAlec Waugh (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios

IMDB: nm0915284 Allmovie: p311680
Dialnet: 1621619 Musicbrainz: a6dd3573-9957-40b9-9a58-4dd7b0aee2a0 Discogs: 1947853 WikiTree: Waugh-417 Find a Grave: 3199 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Era fillo dun coñecido editor da época. Estudou en Oxford, Lancing e o Hertford College. Viaxou por numerosos países e en 1939 foi destinado á Mariña británica e, posteriormente, ás forzas montadas en Oriente Medio e Iugoslavia.

Casou dúas veces. A primeira, en 1928, con Evelyn Gardener, para divorciarse dela en 1930. Ese mesmo ano converteuse ao catolicismo. En 1937 casa con Laura Herbert, con quen tivo seis fillas (unha morreu antes do ano) e un fillo.

Obra editar

A súa obra enténdese mellor tendo en conta as súas viaxes e, sobre todo, a súa conversión, en 1930, á fe católica. El procedía dunha familia evanxelista.

Daquela, Waugh xa publicara Decline and fall (1928), unha novela curta que o fixo coñecido e lle permitiu iniciar a súa carreira viaxeira. Antes da guerra, Waugh parodiou o xornalismo, e en especial o mundo dos correspondentes, con Scoop (1934). A súa obra ten dúas vertentes, pois mestura libros cun humor negro e satírico con outros máis serios, onde ataca a alta sociedade e, ao mesmo tempo, escribe sobre a falta de valores. Esta segunda vertente acentúase trala conversión relixiosa e o paso do escritor pola segunda guerra mundial.

A participación de Waugh na contenda bélica reflíctese especialmente na triloxía Sword of Honour, a súa derradeira obra grande de ficción, aínda que tamén na súa máis importante novela, Retorno a Brideshead.

Brideshead revisited editar

A máis recoñecida obra de Waugh, a que o fixo famoso, é Brideshead revisited, que é consecuencia das súas peripecias militares e que publicou nada máis rematar a segunda guerra mundial, en 1945. El conta que a novela xa estaba rematada en xuño de 1944, despois dunha convalecencia por unha pequena ferida de guerra. No prólogo que fixo para a edición revisada de 1959, Waugh descríbea como unha narración sobre "a influencia da graza divina nun grupo de personaxes moi diferentes entre si, aínda que estreitamente relacionados". A revista Time incluíuna na súa lista das cen mellores novelas de todos os tempos.[1]

Brideshead revisited ten como título completo Brideshead revisited. The sacred and profane memories of captain Charles Ryder[2]. Este último é un militar británico que, no curso da guerra, chega a Brideshead, unha mansión, propiedade da familia Marchmain, na que pasou uns transcendentais anos da súa mocidade, pouco antes do conflito bélico. Os seus recordos dese tempo pasado constitúen o eixe do relato. Na novela, Ryder evoluciona dende o amor homosexual e estético por Sebastian Marchmain ata o obsesivo pola irmá deste, Julia, mentres asiste ao declinar da familia. Porque a novela é tamén o relato da caída dun clan aristocrático, arrastrado tanto polos novos ventos da historia como polos desvaríos dalgúns dos seus membros.

No prólogo de 1959, Waugh salienta que "gran parte deste libro consiste nun discurso fúnebre ante un ataúde baleiro". Precisamente, o soliloquio dun moribundo é un dos intres máis relevantes da narración.

Brideshead revisited foi adaptada para a televisión en 1981, converténdose nunha das máis brillantes adaptacións televisivas dunha novela. Producida pola prestixiosa casa Granada Television, esta serie fixo coñecido ao actor que interpretaba a Charles Ryder, Jeremy Irons. Anos despois, xa no 2008, fíxose unha pobre versión para o cine.

Bibliografía editar

Novela editar

  • Decline and fall , 1928.
  • Vile Bodies , 1930.
  • Black Mischief , 1932.
  • A Handful of Dust, 1934.
  • Scoop , 1938.
  • Work Suspended, 1942.
  • Put Out More Flags, 1942.
  • Brideshead Revisited, 1945.
  • The Loved One, 1948.
  • Helena, 1950.
  • Sword of Honour, triloxía integrada por
    • Men at Arms , 1952.
    • Officers and Gentlemen, 1955.
    • Unconditional Surrender, 1961.
  • The Ordeal of Gilbert Pinfold , 1957.

Relatos editar

  • Mr Loveday's Little Outing and Other Sad Stories, 1936.
  • Scott-King's Modern Europe, 1947.
  • Love Among The Ruins, 1953.
  • Basil Seal Rides Again, 1963.

Libros de viaxe e biografías editar

  • Rossetti, His Life and Works, 1928. Biografía.
  • Labels, A Mediterranean Journal , 1930. Libro de viaxes
  • Remote People , 1931. Libro de viaxes.
  • Ninety-Two Days, 1934. Libro de viaxes.
  • Edmund Campion, 1935. Biografía.
  • Waugh in Abyssinia, 1936. Libro de viaxes.
  • Robbery Under Law, 1939. Libro de viaxes.
  • The Holy Places, 1952. Libro de viaxes.
  • The Life of the Right Reverend Ronald Knox, 1959. Biografía.
  • A Tourist in Africa, 1960. Libro de viaxes.
  • A Little Learning, 1964, autobiografía parcial.

Notas editar

  1. "Brideshead Revisited - ALL-TIME 100 Novels - TIME". Arquivado dende o orixinal o 30 de abril de 2009. Consultado o 09 de febreiro de 2010. 
  2. En galego, Retorno a Brideshead. As memorias sagradas a profanas do capitán Charles Ryder.