Evaristo Nogueira Pol
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde outubro de 2019.) |
Evaristo Nogueira Pol, nado en Santiago de Compostela o 3 de maio de 1964, é un avogado e político galego, que foi senador independente nas listas do PPdeG.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 3 de maio de 1964 (60 anos) Santiago de Compostela, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Ocupación | político |
Lingua | Lingua castelá |
Traxectoria editar
Fillo do tamén destacado avogado Evaristo Nogueira Romero, Nogueira Pol licenciouse en dereito pola Universidade de Santiago de Compostela. Avogado no despacho familiar, chegou a ser decano do Ilustre Colexio de Avogados de Santiago de Compostela.
Durante a VIII lexislatura, en 2004, foi un dos escollidos polo Partido Popular para integrar a candidatura ao senado pola provincia da Coruña,[1] se ben como independente. Sae elixido, pero en 2008 opta por non presentarse á reelección e abandona a Cámara Alta para regresar ás súas tarefas na avogacía.
É vogal do Consello Social da Universidade de Santiago.
Foi durante quince anos decano do Colexio de Avogados de Santiago e tamén conselleiro do Consello da Avogacía Galega, do Consello Xeral da Avogacía española.[2] En 2016, foi escollido presidente do Consello da Avogacía Galega.[3]
Recoñecementos editar
- En 2017 recibiu, do Ministerio de Xustiza, a Cruz da Orde de San Raimundo de Peñafort, o máximo recoñecemento en España a un xurista.[4]
Notas editar
- ↑ "Nogueira Pol, Evaristo". senado.es (en castelán). Consultado o 15-10-2019.
- ↑ Melchor, Xurxo (28-5-2017). "«Me voy con una sensación de alivio y de haber cumplido con los objetivos»". lavozdegalicia.es (en castelán). Consultado o 15-10-2019.
- ↑ Melchor, Xurxo (13-4-2016). "«La Justicia necesita más jueces, y leyes con más sentido común»". lavozdegalicia.es (en castelán). Consultado o 15-10-2019.
- ↑ "El Ministerio de Justicia concede a Evaristo Nogueira la Cruz de la Orden de San Raimundo de Peñafort". europapress.es (en castelán). 26-6-2017. Consultado o 15-10-2019.