Evanxelistas

Mateo, Marco, Lucas e Xoán

Os evanxelistas ou tamén os catro evanxelistas, son os autores respectivos dos evanxeos (Mateu, Marco, Lucas e Xoán o Apóstolo.[1]

Os símbolos dos evanxelistas arrodeando o Cristo en Maxestade sobre o Tímpano da Igrexa de San Trófimo.

Simbolismo editar

 
Representación en baixorrelevo dos catro evanxelistas nas cunchas da cúpula da Igrexa colexial de Saint-Quiriace de Provins.

Os catro evanxelistas son representados con formas alegóricas de tetramorfos:[2][3]

  • O home ou un anxo asóciase a Mateu, xa que o seu Evanxeo comeza facendo un repaso á xenealoxía de Cristo, o Fillo do Home;
  • O león identifícase con Marco, porque o seu Evanxeo comeza falando de Xoán o Bautista, «Voz que clama no deserto», dita voz sería coma a do león;
  • O touro sería Lucas, xa que o seu Evanxeo comeza falando do sacrificio que fixo Zacarías, pai de Xoán o Bautista, a Deus;
  • A aguia foi asociada á figura de Xoán, xa que o seu Evanxeo é o máis abstracto e teolóxico dos catro e, polo tanto, o que se eleva sobre os demais. O de Xoán é o único evanxeo non sinóptico.

Notas editar

  1. Ernesto Trenchard. Introducción a los cuatro evangelios. Editorial Portavoz, 1999.
  2. Gaston Duchet-Suchaux, Michel Pastoureau, La Bible et les saints, Guide iconographique, Flammarion, Paris, 1990 (en francés).
  3. Jaime Delgado Gómez. La Biblia en la iconografía pétrea lucense (ficha nº 7). Boletín do Museo Provincial de Lugo, 1988, no 4, p. 77-98.

Véxase tamén editar

Outros artigos editar