Evan Peters

actor estadounidense

Evan Thomas Peters, nado en St. Louis o 20 de xaneiro de 1987 é un actor estadounidense. Alén de interpretar unha gran variedade de personaxes en filmes e series televisivas, é máis coñecido por participar na serie de FX, American Horror Story.

Infotaula de personaEvan Peters

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento20 de xaneiro de 1987 Editar o valor em Wikidata (37 anos)
St. Louis, Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Educacióninstituto de educación secundaria
Burbank High School (en) Traducir
Grand Blanc Community High School (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónaviador , actor de cinema , actor de televisión , modelo Editar o valor em Wikidata
Período de actividade2022 Editar o valor em Wikidata -
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Familia
ParellaHalsey (2019–2020)
Emma Roberts (2012–2019) Editar o valor em Wikidata
Premios

IMDB: nm1404239 Allocine: 105198 Rottentomatoes: celebrity/evan_peters Allmovie: p380177 TCM: 1576143 Metacritic: person/evan-peters TV.com: people/evan-peters
Twitter: Evan_Peters Instagram: evanpeters Musicbrainz: 324ffbd9-2d70-4fb7-a2c3-79700a3c8811 Genius: Evan-peters Editar o valor em Wikidata

Eventualmente, e entre os seus roles máis salientables, interpretou a Pietro Maximoff/Quicksilver no filme X-Men: Days of Future Past e X-Men: Apocalypse, a Alex en Adult World; e en series como Phil of the Future e Invasión a Seth Wosmer e Jesse Varon, respectivamente. En 2004 fíxose acredor do premio á mellor actuación revelación no Phoenix Filme Festival, polo seu papel protagonista de Adam Sheppard en Clipping Adam.

Traxectoria editar

Primeiros anos editar

Evan Peters naceu o 20 de xaneiro de 1987 en St. Louis, Estados Unidos, fillo de Julie e Phil Peters, e irmán de Andrew e Michelle Peters.[1][2] Durante a súa infancia e adolescencia, asistiu a unha escola primaria católica e á Grand Blanc High School.[2][3] En 2001, a súa familia mudouse a Grand Blanc, Míchigan, onde Peters comezou a practicar o modelaxe e a tomar clases de actuación.[2] Posteriormente trasladouse xunto á súa nai ós Ánxeles co fin de iniciar unha carreira como actor.[1] Aínda así seguiu estudando na Burbank High School, aínda que despois comezaría a ser educado en casa.[2]

Ó redor de 2004, o produtor Michael Picchiottino seleccionou a Peters para que protagonizase o filme Clipping Adam, baixo o papel de Adam Sheppard.[4] Dita participación fíxoo acredor do premio a Mellor actuación revelación no Phoenix Filme Festival de 2004.[5] Seguidamente, comezou a aparecer en comerciais para PlayStation, Papa John's Pizza, Kellogg's, entre outros. En xullo estreouse o filme Sleepover, onde interpretou a Russell Hayes;[6] así como a serie de televisión The Days, onde fixo a Cooper Day.[7] Durante a primeira tempada de Phil of the Future, realizou o personaxe de Seth Wosmer, e de Jesse Varon na serie de ciencia ficción Invasión.[5][8]

Proxectos maiores e American Horror Story editar

 
Peters durante a Convención Internacional de Cómics de San Diego de 2013.

Entre 2007 e 2008, Peters cubriu diversos roles en filmes como An American Crime, Gardens of the Night e Never Back Down.[9] Eventualmente, deu vida a Jack Daniels, un papel recorrente na serie de televisión de drama xuvenil One Tree Hill. Así mesmo, apareceu en múltiples programas como The Mentalist, House, The Office, Monk, entre outros.[10] En 2010, personificou a Todd Haynes, un rol menor no filme Kick-Ass.[10]

En 2011, Peters conseguiu un dos papeis protagonistas na primeira tempada da serie antolóxica de terror de FX American Horror Story, como o asasino sociópata adolescente, Tate Langdon.[11] Para a segunda, terceira e cuarta tempada, Peters fixo a Kit Walker, Kyle Spencer e Jimmy Darling, respectivamente.[11] Interpretar o primeiro destes, deulle un nomeamento aos Premios Satellite na categoría de Mellor actor nunha serie, miniserie ou filme de televisión.[12] En abril de 2015, o creador da serie, Ryan Murphy, anunciou que Peters volvería para a quinta tempada da serie, Hotel, baixo o rol de James March.[11][13] En 2016 interpretaría a Rory e como Edward Phillipe Mott en My Roanoke Nightmare. En 2017 volvio a American Horror Story na tempada Cult onde interpreto múltiples papeis.

Notas editar

  1. 1,0 1,1 CBS Interactive (ed.). "Evan Peters - BIOGRAPHY". TV Guide (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 5 de xullo de 2015. Consultado o 4 de xuño de 2015. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 Rauschert, Jeff (18 de marzo de 2008). "Young Grand Blanc Township actor Evan Peters finds full-time acting work". The Flint Journal (en inglés). Booth Newspapers. Consultado o 4 de xuño de 2015. 
  3. Murray, Rebecca. About Entertainment, ed. "Interviews with Sean Faris and Evan Peters from "Sleepover"" (en inglés). IAC. Arquivado dende o orixinal o 11 de xullo de 2015. Consultado o 4 de xuño de 2015. 
  4. The New York Times (ed.). "Clipping Adam (2004)" (en inglés). The New York Times Company. Consultado o 4 de xuño de 2015. 
  5. 5,0 5,1 Television New Zealand (ed.). "INVASION | Evan Peters" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 29 de maio de 2020. Consultado o 4 de xuño de 2015. 
  6. Rotten Tomatoes (ed.). "SLEEPOVER (2004)" (en inglés). Flixster. Consultado o 5 de xuño de 2015. 
  7. Heffernan, Virginia (17 de xullo de 2004). The New York Times, ed. "TELEVISION REVIEW; Days of Reckoning For, Yes, the Day Family" (en inglés). The New York Times Company. Consultado o 5 de xuño de 2015. 
  8. TV.com (ed.). "PHIL OF THE FUTURE CAST" (en inglés). CBS Interactive. Arquivado dende o orixinal o 27 de novembro de 2015. Consultado o 5 de xuño de 2015. 
  9. AllMovie (ed.). "Evan Peters | Filmography" (en inglés). AllMedia Networks. Consultado o 5 de xuño de 2015. 
  10. 10,0 10,1 Abidor, Jen (16 de xullo de 2014). Beamly, ed. "Evan Peters Has Secretly Been In Everything You’ve Ever Watched" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 13 de agosto de 2015. Consultado o 25 de xuño de 2015. 
  11. 11,0 11,1 11,2 Zamora, Andrea (26 de abril de 2015). Sensacine, ed. "‘American Horror Story: Hotel’: Evan Peters estará en la quinta temporada". Consultado o 25 de xuño de 2015. 
  12. International Press Academy (ed.). "2012" (en inglés). Consultado o 25 de xuño de 2015. 
  13. Smith, C. Molly (12 de xullo de 2015). "Cast reveals American Horror Story: Hotel character names at Comic-Con". Entertainment Weekly (en inglés). Time Inc. Arquivado dende o orixinal o 27 de outubro de 2015. Consultado o 12 de xullo de 2015. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar