Eva Poveda

viróloga galega

Eva Poveda López, nada en Lugo o 22 de xullo de 1975, é unha experta no estudo das infeccións causadas polo virus da inmunodeficiencia humana (VIH) e os virus da hepatite C, B e delta.[1][2][3] En 2012 foi galardoada co Premio para mulleres científicas L'Oréal -UNESCO[4][5] como recoñecemento á excelencia do traballo científico desenvolvido no Campo das Ciencias da Vida.

Infotaula de personaEva Poveda

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinalEva Poveda López
Biografía
Nacemento22 de xullo de 1975 Editar o valor em Wikidata (48 anos)
España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeespañola
Formación profesionalLicenciada e doutora en Bioloxía
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela
Actividade
Ocupacióninvestigadora
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Eva Poveda é licenciada en Ciencias Biolóxicas pola Universidade de Santiago de Compostela (USC) e doutora en Microbioloxía pola Universidade Complutense de Madrid.[6]

Nun principio, gran parte do seu traballo de investigación centrouse no campo da entrada do VIH na célula. A aprobación do primeiro antagonista de CCR5 para o tratamento da infección por VIH xera a necesidade da determinación do tropismo viral nos pacientes VIH que vaian a iniciar un tratamento con este fármaco. O traballo desenvolvido nesta liña consolidouna como experta nacional e internacional na determinación do tropismo viral para guiar o uso terapéutico desta nova familia de fármacos.

En marzo de 2013 trasladouse ao Instituto de Investigación Biomédica da Coruña (INIBIC), onde coordinou o grupo de investigación de Viroloxía Clínica durante cinco anos. Posteriormente incorporouse ao Instituto de Investigación Sanitaria Galicia Sur, onde coordina o Grupo de Viroloxía e Patoxénese.[7][8] Nestes momentos tamén traballa na creación dun novo "kit diagnóstico" para o coronavirus.[9]

Destaca tamén a súa implicación en actividades de divulgación como a súa participación no proxecto financiado pola FECYT Biomedicina con e para a sociedade[10] ou a coordinación da participación do INIBIC no Día da Ciencia na Rúa[11] da Coruña.

Notas editar

  1. "inibic. instituto de investigación biomédica. a coruña". web.archive.org. 2015-12-22. Archived from the original on 22 de decembro de 2015. Consultado o 2020-12-26. 
  2. Redacción (2016-11-18). "Eva Poveda, experta en infeccións por VIH, participa na Coruña no ciclo Ciencia Express". GCiencia. Consultado o 2020-12-26. 
  3. "Eva Poveda, microbióloga". Mujeres con ciencia (en castelán). 2018-07-22. Consultado o 2020-12-26. 
  4. "Fundación corporativa L’Oréal – La Excelencia Científica en Femenino". Arquivado dende o orixinal o 28 de abril de 2015. Consultado o 14 de decembro de 2015. 
  5. M.R.E. (11 de setembro de 2012). "Cinco jóvenes científicas reciben las becas L'Oréal-Unesco". El País. 
  6. Redacción (2012-09-07). "La gallega Eva Poveda recibe una de las becas L´Oréal-Unesco de investigación". Faro de Vigo (en castelán). Consultado o 2020-12-28. 
  7. "Viroloxía e Patoxénese ‘VIP’ – IISGS". Consultado o 2022-02-02. 
  8. Referentes. "Eva Poveda López". Executivas (en castelán). Consultado o 2020-12-26. 
  9. "El bum de la investigación en coronavirus". La Voz de Galicia (en castelán). 2020-10-18. Consultado o 2020-12-26. 
  10. "Salud con Biomedicina"- entrevistas en RadioVoz para el proyecto Biomedicina con y para la Sociedad, FECYT (2015)
  11. "Dia de la Ciencia en la Calle de A Coruña". Arquivado dende o orixinal o 22 de decembro de 2015. Consultado o 16 de xaneiro de 2021. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar