Eustaquio III de Boulogne

nobre francés, conde de Boulogne

Eustaquio III de Boulogne, en francés Eustache III de Boulogne, nado contra 1056 no Ducado de Lorena, e finado en Rumilly, contra 1125, foi un nobre francés que foi conde de Boulogne desde 1087 até o seu pasamento, contra 1125.

Eustaquio III de Boulogne
Conde de Boulogne
Eustaquio (o terceiro, de pelo branco), xunto cos seus irmáns, Godofredo e Balduíno,
ante o emperador bizantino Aleixo I Comneno

Reinado10871125
NacementoCa. 1056
Ducado de Lorena (Francia)
FalecementoCa. 1125
Rumilly (Francia)
PredecesorEustaquio II de Boulogne
SucesorMatilde de Boulogne
Cónxuxe/sMaría de Escocia, condesa de Boulogne
DescendenciaVésase descendencia
Casa realCasa de Boulogne
ProxenitoresEustaquio II de Boulogne
Ida de Lorena

Escudo de Eustaquio III de Boulogne
Escudo de Armas do Condado de Boulogne
Na rede
WikiTree: Boulogne-2

Sucesor de seu pai, Eustaquio II de Boulogne, era irmán de Godofredo de Bouillon e de Balduíno I de Xerusalén, e foi un dos participantes na Primeira Cruzada.

Traxectoria editar

As primeiras informacións acerca da vida de Eustaquio sitúano na batalla de Hastings de 1066, como aliado de Guillerme I de Inglaterra, e aparece como un dos posíbeis causantes da morte do rei Haroldo II de Inglaterra. Crese tamén que lle deu a Guillerme o seu propio cabalo despois de que perdera o seu a mans de Gyrth Godwinson, irmán de Haroldo.

Sucedeu ao seu pai como conde de Boulogne en 1087.[1]

Eustaquio partiu a loitar na Primeira Cruzada en 1096, xunto cos seus irmáns Godofredo e Balduíno. Eustaquio, porén, volvería pronto para retomar a administración dos seus dominios.

Casou con María de Escocia, filla do rei Malcolm III de Escocia e de Santa Margarida de Escocia, sobriña de Eduardo o Confesor. Eustaquio e María tiveron unha filla, Matilde de Boulogne.

Cando seu irmán máis novo Balduíno morreu en 1118 a Eustaqui ofrecéuselle o trono do Reino de Xerusalén. Nun principio Eustaquio non estaba interesado, pero convencérono para aceptalo e partiu en dirección a Xerusalén até chegar a Puglia. Aí recibiu a información de que un familiar afastado, Balduíno de Bourcq fora xa coroado, polo que Eustaquio retornou a Boulogne.

Morreu ao redor de 1125.

Á súa morte o Condado de Boulogne foi herdado pola súa filla Matilde e o seu marido, Estevo de Blois, conde de Mortain e que chegaría a ser tamén rei de Inglaterra.[2]

Á morte de Matilde en 1151 o condado pasou ao seu fillo, Eustaquio IV de Boulogne, e logo ao seu segundo fillo Guillerme e, finalmente, á súa filla María de Boulogne, posto que os seus dous irmáns morreron sen descendencia.

Descendencia editar

Eustaquio III tivo tres fillos:

  • Matilde, lexítima
  • Rodolfo
  • Eustaquio
  • Godofredo, os tres foron ilexítimos

Notas editar

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Howarth, David (1981): 1066. The Year of the Conquest. ‎Londres, RU: Penguin Books. ISBN 978-0-1400-5850-5.
  • Payne, Robert (2000): The Dream and the Tomb. A History of the Crusades. Lanham, Maryland: Cooper Square Press. ISBN ‎ 978-0-8154-1086-7.