O Euskobarómetro é unha serie de enquisas sociolóxicas sobre o País Vasco realizadas cada seis meses por un grupo de investigadores da Universidade do País Vasco. A súa base de datos inclúe estudos sociolóxicos dende a transición democrática e son un referente á hora de analizar a sociedade vasca. A causa das características políticas de Euskadi, unha parte importante das sondaxes adícase a avaliar as opinións dos cidadáns vascos sobre o independentismo e o terrorismo, así como tamén o autogoberno ou a identidade nacional (vasca, española...).

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar