Euskal Irrati Telebista

Euskal Irrati Telebista (EITB, en galego: Radiotelevisión Vasca), é un ente público de dereito privado, dependente do Departamento de Cultura do Goberno Vasco e, lexislativamente, do Parlamento Vasco. Xunto con EITB Media S.A.U., empresa que realiza a produción e emisión das canles de radio, televisión e Internet, forma o grupo de comunicación público do País Vasco.

Euskal Irrati Telebista
Logo
AcrónimoEITB
Tipomedio de comunicación, radiodifusora pública, negocio, organización, periódico e marca comercial
Data de fundación20 de maio de 1982
PremiosRikardo Arregi Price
SedeBilbao
PaísEspaña
Na rede
https://www.eitb.eus, https://www.eitb.eus/es/, https://www.eitb.eus/eu/, https://www.eitb.eus/en/, https://www.eitb.eus/fr/, https://www.eitb.tv, https://www.eitb.tv/es/, https://www.eitb.tv/eu/ e http://www.eitb.com
Facebook: eitb Twitter: eitbeus Instagram: eitb Telegram: eitb_noticias Youtube: UCOHCRQDAr9HC5d59XvziJFQ Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

A súa creación emana do artigo 19 do Estatuto de Gernika e ten como unha das súas finalidades principais o uso normalizado da lingua éuscara. O 20 de maio de 1982, o Parlamento Vasco aprobou por unanimidade a Lei de creación de Euskal Irrati Telebista e dando sustento á creación do grupo de radio e televisión pública do País Vasco. A sede inicial de Euskal Irrati Telebista foi localizada no concello biscaíno de Iurreta, cando esta anteigrexa estaba anexionada á vila de Durango. Dende o verán de 2007 ten a súa sede na rúa Paseo de Capuchinos de Bilbao, a capital biscaína.

Inicialmente, era a accionista única das empresas que conformaban o grupo de comunicación; Euskal Telebista-Televisión Vasca, S.A. (ETB) que se encargaba da produción e emisión de televisión; públicas Eusko Irratia-Radiodifusión Vasca S.A., Gasteiz Irratia-Radio Vitoria, S.A., dedicadas á produción e difusión de radio e Eitbnet, S.A., dedicada á produción e difusión en Internet, ata que, en 2020, se disolveron Eusko Irratia-Radiodifusión Vasca S.A., Gasteiz Irratia-Radio Vitoria, S.A. e Eitbnet, S.A. e integráronse en Euskal Telebista-Televisión Vasca, S.A. pasando esta a denominarse EITB Media S.A.U.. O Ente Público Euskal Irrati Telebista-Radio Televisión Vasca e EITB Media S.A.U. constitúen o grupo de comunicación público da comunidade autónoma do País Vasco.

Empresas editar

Actualmente, EITB é un grupo de empresas formado por:

  • Ente Público Euskal Irrati Telebista: empresa matriz que engloba os servizos comúns de todo o grupo. Ten a súa sede en Bilbao, no edificio Bami que formaba parte da antiga Feira Internacional de Mostras.
  • Euskal Telebista S.A.: empresa de produción e emisión de televisión. O seu centro emisor está en Bilbao, ten un centro de produción en Donostia e corresponsalías en Vitoria e noutras cidades de España e do mundo. Actualmente ten 7 canles:
    • ETB 1, en éuscaro.
    • ETB 2, en castelán.
    • ETB 3, en éuscaro.
    • ETB 4, en éuscaro e castelán.
    • ETB HD, en alta definición.
    • ETB Sat, en éuscaro e castelán, para a súa emisión en Europa.
    • Canal Vasco, en castelán, para a súa emisión en América.
  • Eusko Irratia S.A.: empresa de produción e emisión de programas de radio. Ten instalacións en Bilbao, Donostia e Vitoria. Actualmente ten 5 emisoras:
  • EITBNET S.A.: empresa dedicada á difusión de contidos en Internet e á creación e mantemento de páxinas web. Ten as súas instalacións en Bilbao. A sociedade xestiona o portal institucional www.eitb.eus.

Sede editar

 
Redacción de ETB

Na súa creación situouse no actual municipio biscaíño de Iurreta, entón anexionado ao de Durango, e dende 2007 ten a súa sede en Bilbao, na Basurtuko Kaputxinoen Kalea.

A actual sede de EITB en Bilbao é un complexo onde se asentan varias empresas do Grupo. Realizouse nas antigas instalacións da Feira de Mostras de Bilbao, concretamente nos pavillóns feirais 7 e 8. Dos máis de 31.000 m² dos que se dispoñían, con alturas entre 9 e 12 m, utilizáronse unha cantidade similar pero construíndo, nalgúns sitios, entreplantas, permitindo deste xeito que haxa unha superficie destinada a futuras ampliacións e servizos considerable.

No deseño buscáronse ambientes diáfanos, con muros de cristal transparentes e grandes superficies libres acomodadas á beira de grandes ventás. A sala de "redacción de contidos" onde o seu sitúa a maioría do persoal que traballa nas empresas que teñen a súa sede aquí (Eusko Irratia, ETB e EITBNET), ten unha superficie de 3.000 m² cunha altura de 9 m, unha lonxitude aproximada de 100 m e unha anchura de 30 m con capacidade para traballar simultaneamente máis de 300 persoas, o que fai da súa redacción a máis grande de España.

Directores xerais editar

Desde a súa creación en 1982 ostentaron o cargo de Director Xeral varias persoas. Ata 1998 o Director Xeral era nomeado polo Goberno Vasco pasando nesa data mediante a Lei 8/1998, de modificación da lei de Creación do Ente Público Radio Televisión Vasca, a ser nomeado polo Parlamento Vasco. Foron directores xerais as seguintes persoas:

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar