Europa (filla de Ticio)

filla de Ticio

Na mitoloxía grega, Europa foi unha filla do xigante Ticio, fillo de Zeus e Elara.

Estando nas beiras do río Cefiso (mitoloxía), foi seducida por Poseidón e tivo un fillo, Eufemo, que foi un dos Argonautas. Outras fontes din que era fillo de Poseidón e a pléiade Celeno [1].

[Os argonautas convocados] "...Eufemo, fillo de Neptuno e de Europa, filla de Ticio, de Ténaro. Dise que podía correr sobre a auga sen mollar os pés".
(Hixino: Fábulas 14, 15)

Notas editar

  1. Hixino: Fábulas 157, 3.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar