Eulagos (subxénero)

Eulagos é un subxénero de mamíferos lagomorfos da familia dos lepóridos pertencente ao xénero Lepus, que comprende seis especies de lebres.

Características editar

O subxénero comprende seis especies de lebres,[1][2] (aínda que algúns autores lles atribúen dez),[Cómpre referencia] que se caracterizan por ser de bo tamaño (xeralmente de ao redor de medio metro ou máis, até os 70 cm de lonxitud da lebre europea, o lagomorfo máis grande vivo actualmente), de aparencia delgada, patas longas e delgadas, cos pés posteriores alongados, cabeza grande e alongada e orellas longas con tendencia a ensanchárense na parte distal.

Taxonomía editar

Descrición editar

O subxénero foi definido en 1867 polo naturalista británico John Edward Gray.[1][2]

Etimoloxía editar

O nome científico Eulagos está formado polos elementos do latín científico eu- e -lagos. O primeiro deriva do correspondente, e moi utilizado, do grego antigo εύ- ou εὕ-, tirado do adverbio εὗ ou ἐΰ, 'ben', 'xusto', 'exacto'; e o segundo, do nome do grego antigo λαγώς lagṓs, 'lebre'. Literalmente: 'as lebres auténticas', ou 'as lebres verdadeiras'.

Especies editar

Na actualidade recoñécense neste subxénero as seis especies seguintes:[1][2]

Subxénero Eulagos

Notas editar

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Outros artigos editar