Eugenio Pazos Pereiro

comerciante e político galego

Eugenio Pazos Pereiro, nado no Quintán (Veigue, Sada) o 14 de outubro de 1889[1] e finado na Arxentina en 1944, foi un comerciante e político galego.

Infotaula de personaEugenio Pazos Pereiro
Biografía
Nacemento14 de outubro de 1889 Editar o valor em Wikidata
Veigue, España Editar o valor em Wikidata
Morte1944 Editar o valor em Wikidata (54/55 anos)
Arxentina Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióncomerciante , político Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Dono dun taller de carpintería en Veigue. Estableceu un comercio de Ultramarinnos en Sada, Casa Quintán, en Barrié de la Maza 21. Emigrou a Nova York a en 1917, traballando de carpinteiro e colaborou coa sociedade Sada y sus Contornos. Retornou a Sada logo de dous anos. Subdirector da Compañía El Ocaso de Sada y Betanzos, foi nomeado correspondente do Banco de La Coruña en Sada, Bergondo e Oleiros en 1935.[2] Foi directivo de La Unión de Veigue no anos dez, da Asociación Popular de Defensa de Sada nos anos vinte, e presidente de La Unión Gremial Mercantil (anos 20 e 30).[3][4] Na República foi directivo da agrupación local do Partido Republicano Radical Socialista e presidente da de Izquierda Republicana en 1934.[5] Pertenceu á directiva da Alianza de Esquerdas en Sada.

Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 estivo agochado durante un tempo, ata que conseguiu fuxir a Portugal, desde onde tomou un barco a Buenos Aires. A familia seguiuno en 1937. Foi expedientado polo Tribunal de Responsabilidades Políticas e sancionado con oito anos de inhabilitación especial para o desempeño de cargos públicos e o pago de cinco mil pesetas en 1941.[6] No exilio retomou o seu oficio de carpinteiro e chegou a ser propietario dun restaurante.

Vida persoal editar

Casou con Esperanza Méndez Veiga, de Oleiros, e foi pai de Esperanza, nacida en 1914, que casou con Ricardo Escudero Romero en 1935,[7] Eugenio, Manuel, Antonio, José e Jaime Pazos Méndez.

Notas editar

  1. "Relación de los inscriptos de esta brigada que cumplen 20 años de edad en el próximo venidero de 1909". Boletín oficial de la provincia de La Coruña (248): 4. 28 de outubro de 1908. 101. 
  2. El Pueblo Gallego, 10-4-1935, p. 12.
  3. La Voz de Galicia, 11-3-1932, p. 9.
  4. La Voz de Galicia, 18-1-1933, p. 9.
  5. El Pueblo Gallego, 28-7-1934, p. 9.
  6. BOE, 24-6-1941, p. 2602-2603.
  7. La Voz de Galicia, 28-3-1935, p. 8.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar