Eugenio Fadrique González

Eugenio Fadrique González, nado en 1879 e finado en Vigo en 1971, foi un empresario e político galego.

Infotaula de personaEugenio Fadrique González
Biografía
Nacemento1879
Morte1971
Vigo
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
OcupaciónEmpresario
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeJosefa del Río Gutiérrez
FillosEugenio Fadrique del Río, entre outros

Traxectoria editar

 
En Vigo en maio de 1932, tras pronunciar unha conferencia no Teatro García Barbón, Federico García Lorca con, entre outros, Roberto González, Manuel Gómez Román, Eugenio Arbones, Eugenio Fadrique e Jerónimo Toledano.[1]

Fundou en 1906 a compañía La Artística, especializada en actividades de pintura e impresión de latas para conservas. Foi inicialmente unha pequena empresa familiar que servía ao mercado local. En 1920 producía entre 30.000 e 35.000 caixas de folla de lata e empregaba a unha trintena de operarios. Producía tamén azulexos de zinc e tabais de lata, que substituían aos antigos barrís de madeira para sardiña prensada. Nos anos setenta os seus negocios abarcaban os Talleres Mecánicos Alonarti e a litografía Artiscar en Vigo, Idalsa, especialista en derivados de aluminio en Madrid, e A Artística de Valença do Minho.

Presidiu o Depósito Franco, precedente da actual Zona Franca. Foi socio de honra do Círculo Mercantil e presidente da Cámara de Comercio (1931-1945). Dedicouse a tarefas de beneficencia, como directivo da Casa de Caridade, e exerceu como conselleiro de FENOSA e do Banco de Vigo. Tamén foi o representante da Asociación Metalgráfica Española.

Participou na política a través da Liga de Defensores de Vigo, pola que foi elixido concelleiro en varias ocasións, e foi tenente de alcalde na Corporación presidida por Adolfo Gregorio Espino durante a ditadura de Primo de Rivera.

Afeccionado á fotografía, polo que recibiu algún premio, filmou unha película con José Gil.

Casou en 1909 con Josefa del Río e foi pai de Eugenio Fadrique del Río.

O concello de Vigo adicoulle o nome dunha praza, ornamentada cunha escultura metálica de Steinbrüggen.[2]

Notas editar

  1. Ocampo, Elena (23/2/2019). "Raíces gráficas de Seis poemas galegos". Faro de Vigo. Arquivado dende o orixinal o 15/09/2019. Consultado o 25/02/2019. 
  2. Vázquez Xil, Lalo (1994) [1991]. Ediciones Cardeñoso, ed. As rúas de Vigo (2ª ed.). Vigo. p. 127. ISBN 84-87379-47-8. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar