Eugène Boudin

pintor francés

Eugène Boudin, nado o 12 de xullo de 1824 e finado o 8 de agosto de 1898, foi un dos primeiros pintores franceses en captar as súas paisaxes fóra do seu estudo. Boudin é considerado un dos precursores do Impresionismo. A maioría da súa obra está composta por paisaxes mariñas que lle fixeron gañar os eloxios de Baudelaire e Corot.

Eugène Boudin
Nacemento12 de xullo de 1824 e 1824
 Honfleur
Falecemento8 de agosto de 1898 e 1898
 Deauville
Nacionalidadefrancesa
EidoPintura, Debuxo
MovementoImpresionismo
TraballosEscea de praia Trouville (1863)
Canle de Bruxellas (1871)
Influenciado porPintores holandeses s.XVII
Na rede
Discogs: 2342107 WikiTree: Boudin-13 Find a Grave: 43829414 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]
Rivage de Portrieux, Cotes-du-Nord por Eugène Boudin.
Bañistas na praia en Trouville, 1869, Eugène Boudin. Óleo sobre madeira, Museo de Orsay, París.
Trouville, 1864, Eugène Boudin.

Biografía editar

A papelería editar

Eugène Boudin naceu en Honfleur, na rexión da Normandía, fillo de Léonard-Sébastien Boudin e Marie-Félicité Boudin – nada Buffet. O seu pai, mariñeiro, traballaba no barco que facía a conexión entre as cidades de Le Havre e Hamburgo. En 1835, a súa familia mudouse á Havre, onde o seu pai estableceuse como vendedor na imprenta de Joseph Morlent, e máis tarde na papelería de Alphonse Lemasle. Ao ano seguinte, Boudin comezou a traballar nunha pequena tenda de arte, antes de establecer o seu propio negocio.

 
Trouville, 1864, Eugène Boudin.

Alí entrou en contacto con Constant Troyon e Jean-François Millet, os cales, xunto con Jean-Baptiste Isabey e Thomas Couture animaron ao xove Boudin a seguir unha carreira artística. Con 22 anos abondonou o mundo do comercio, adicándose á pintura a tempo completo, viaxando a París e a Flandres. En 1850 obtivo unha bolsa de estudos que lle permitiu mudarse a París, aínda que realizou diversas viaxes á Normandía e, a partir de 1855, á Bretaña para pintar as súas paisaxes.

Os comezos editar

Os mestres holandeses do século XVII influenciarono profundamente, como o pintor Johan Jongkind, que influenciou tamén a outros artistas franceses.

A primeira exposición de Boudin foi no ano 1857 en París. O mesmo ano logrou vender vinte cadros nunha poxa en Le Havre.

Durante o ano 1859, aos 35 anos de idade, expón o seu primeiro cadro no Salon de París, facéndose notargrazas ás atmosferas dos seus cadros e os seus orixinais pasteis. Alí recibe consellos e homeaxes do poeta Charles Baudelaire. No Salon entaboa amizade con Gustave Courbet, quen levaba tempo desexando coñecer ao pintor despois de descubrir unha das súas obras nunha botica parisiense. Atópase tamén co pintor holandés Johan Barthold Jongkind, e con Claude Monet, a quen Eugène Boudin iniciará na pintura ao aire libre.

O 14 de xaneiro do ano 1863, Eugène Boudin casa con Marie-Anne Guedes, nada o 17 de abril do 1835 en Rusaden, preto de Hanvec vila da Finistère bretoa. No febreiro do mesmo ano, instalouse de novo en París, volvendo no mes de setembro dese ano a Trouville, Normandía, vila na que se atopaba preto dos pintores Courbet (Deauville), Monet e Jongkind (Honfleur).

Despois dunha curta instancia en Bruxelas, a finais 1870, retoma o seu traballo da mariña (co mar como protagonista).

Volta ao impresionismo editar

No ano 1874 Boudin participa na primeira exposición «impresionnista», celebrada na cidade de París nos talleres do fotógrafo Félix Nadar. Trala celebración da primeira exposición, as vindeiras, terían lugar nos locais do comerciante de arte Paul Durand-Ruel.

A partir dese intre, Boudin sería considerado un dos precursores do movemento impresionista, malia non sentirse un pintor anovador no seu eido. Co tempo, a súa fama e popularidade medra, permitíndolle facer moitas viaxes na década dos 70 do século XIX, viaxando a Flandres, aos Países Baixos, ao sur de Francia e Italia, onde descobre diferentes movementos artísticos do seu século.

Ademais de viaxar, segue expondo en París, séndolle outorgado o terceiro posto no Salon de 1881, pola obra La Meuse à Rotterdam. No ano 1886 varias obras súas aparecen na grande exposición impresionista organizada por Paul Durand-Ruel na cidade de Nova York.

 
Vila Broloque, lugar onde o pintor morreu en 1898

Na exposición universal parisiense de 1889, recibe a medalla de ouro polos dous cadros que expón: Un coucher de soleil e Marine - Les Lamaneurs. O 14 de marzo dese mesmo ano prodúcese a morte da súa dona.

Enfermo, instalase en 1892 en Villefranche-sur-Mer, na Costa Azul. Neste ano, Eugène Boudin é galardoado como cabaleiro da Légion d'honneur polo pintor simbolista Pierre Puvis de Chavannes, quen coñecera a Boudin ao matricularse na société nationale des beaux-arts. Logo da súa recuperación, volve facer viaxes regulares a Venecia buscando inspiración ata 1895.

En 1898, estando en París e sintindose moi feble, decide rematar os seus derradeiros días fronte ao mar polo que pide que o leven a Deauville. Morre alí 8 de agosto pola maña na villa Breloque no número 8 da rúa Oliffe, sendo soterrado o 12 de agosto no cemiterio Saint-Vincent de barrio Montmartre na cidade de París.

A Obra editar

Eugène Boudin era un pintor mariño e experto na materia de devolución de todo o que está vencellado co mar e ás súas beiras. Pintou particularmente numerosos taboleiros que describían a vida dos pescadores sobre os portos e os mercados; así como a das familias burguesas do século XIX sobre as praias da rexión da Normandía.

A importancia que lle daba ao ceo e aos seus efectos atmosféricos nas súas pinturas valeulle o alcume do "rei dos ceos" polo pintor francés Camille Corot. Concedía en efecto unha grande importancia ao sol, ás nubes, ao ceo e aos seus efectos cambiantes sobre a paisaxe en movemento.

Durante a súa vida, pintaría preto de 4.500 cadros, deixado o mesmo número de debuxos, pasteis e acuarelas.

Premio Eugène Boudin editar

O premio é outorgado pola Société Nationale des Beaux-Arts. Entre os galardoados destacan os pistores:

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Laurent Maneuvre, Boudin-Dessins, (2000), ISBN 2-914239-50-5
  • Peter C. Sutton, Boudin : Impressionist Marine Paintings, (1991), ISBN 0-87577-156-4
  • Gustave Cahen, Eugene Boudin (París, 1899)
  • Frederick Wedmore, Whistler and Others (1906)
  • Arsène Alexandre, Essais
  • José Roberto Teixeira Leite, Eugene Boudin no Brasil

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar