Eu é
obra literaria de Xurxo Borrazás
Eu é é unha novela de Xurxo Borrazás, publicada por Sotelo Blanco en 1996. Foi cualificada como paradigma da narrativa posmoderna en Galiza[Cómpre referencia].
Eu é | |
---|---|
Autor/a | Xurxo Borrazás |
Orixe | Galiza |
Lingua | galego |
Colección | Medusa |
Xénero(s) | Novela |
Editorial | Sotelo Blanco |
Data de pub. | 1996 |
Páxinas | 222 |
ISBN | ISBN 9788478242864 |
[ editar datos en Wikidata ] |
Argumento editar
Os dous protagonistas, un escritor de corenta anos e unha moza de dezanove a quen el recolle en Vigo facendo autostop, viaxan ata Lisboa e inician unha relación que se ve interrompida cando el se ve trasladado ao século XVIII, coincidindo co famoso terremoto de Lisboa de 1755. Os niveis temporais mestúranse con niveis ficcionais cando as peripecias dos personaxes da novela se ven enleados na acción do Cándido de Voltaire.
Traducións editar
- Ao castelán como Yo es el enemigo por Pablo de los Riscos Vázquez en 1998, publicada por Ed. Olalla, Col. Desórdenes[1].
Notas editar
- ↑ Eu é Arquivado 16 de marzo de 2018 en Wayback Machine. na BiTraGa.
Véxase tamén editar
Bibliografía editar
- Vilavedra, Dolores, ed. (2000). Diccionario da literatura galega. Obras III. Vigo: Editorial Galaxia. ISBN 84-8288-365-8.