Etcétera
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Et cetera.
Et cetera, et cætera, et caetera e, coa súa grafía moderna e normativa en galego, etcétera é unha locución latina empregada para substituír o resto dunha exposición ou enumeración que se sobreentende ou que non interesa expresar. Significa "e o demais". A súa abreviatura, etc., utilízase comunmente.