A estroncianita[1] é un mineral moi raro da clase dos carbonatos cuxa fórmula química é SrCO3 (70,2% de SrO e 29,8% CO2). É soluble e efervescente a diversos ácidos diluídos.

Estroncianita
Estroncianita (cristais brancos)
Fórmula químicaSrCO3
ClaseCarbonatos
Sistema cristalinoRómbico
CorBranca, gris, rosada, amaarelada e verdosa
BrilloDe vítreo a resinoso
Dureza3,5
FracturaConcoidea ou irregular
ExfoliaciónMoi imperfecta
RaiaBranca
Densidade3,7 g/cm3

Aspecto editar

Presenta na súa forma cristalina, cristais individuais ou en grupos diverxentes en forma de prismas hexagonais estriados horizontalmente.

Lugares onde se atopa editar

A estroncianita atópase en filóns hidrotermais de baixa temperatura e en sedimentos calcáreos e arxilosos.

Usos da estroncianita editar

A estroncianita úsase como fonte de estroncio, o cal é usado na pirotecnia e en foguetes militares.

Outros carbonatos editar

A calcita e a aragonita son outros carbonatos de importancia.

  1. "estroncianita". TERGAL. Arquivado dende o orixinal o 09/05/2018. Consultado o 09/05/2018.