Estrella distante
Estrella distante é a cuarta novela do escritor chileno Roberto Bolaño, publicada orixinalmente en outubro de 1996 pola colección «Narrativas hispánicas» da Editorial Anagrama,[1] e dende novembro de 2000 pola colección «Compactos», co mesmo número de páxinas pero trocando a súa portada e deseño.[2]
Estrella distante | |
---|---|
Autor/a | Roberto Bolaño |
Orixe | Chile |
Lingua | castelán |
Colección | «Narrativas hispánicas» |
Xénero(s) | novela |
Editorial | Editorial Anagrama |
Data de pub. | outubro de 1996 |
Formato | Papel |
Páxinas | 160 |
ISBN | ISBN 78-84-339-1040-0 |
Precedido por | La literatura nazi en América |
Seguido por | Los detectives salvajes |
[ editar datos en Wikidata ] |
Este foi o primeiro libro de Bolaño editado por Jorge Herralde, propietario de Anagrama, con quen comezaría dende entón unha estreita amizade e unha prolífica relación laboral, publicando nesta editorial cando menos un libro cada ano até 2003, o ano da súa morte.[3]
O libro está dedicado á súa nai, Victoria Ávalos, e ó seu primeiro fillo, Lautaro Bolaño. Segundo o propio autor, nesta novela tenta «una aproximación, muy modesta, al mal absoluto».[4]
Carlos Wieder, o «infame» protagonista da novela, está baseado nun personaxe real. Bolaño coñeceu a súa historia a través do artista chileno Jaime Rivera.[5]
Notas
editar- ↑ Anagrama. "Estrella distante - Narrativas hispánicas". Consultado o 10 de maio de 2012.
- ↑ Anagrama. "Estrella distante - Compactos". Consultado o 10 de maio de 2012.
- ↑ Herralde 2005, pp. 31-47.
- ↑ Manzoni 2002, pp. 33-35.
- ↑ Careaga, Roberto (28 de novembro de 2012). "Libro recrea la guerrilla mexicana de Bolaño". La Tercera. Arquivado dende o orixinal o 04 de marzo de 2016. Consultado o 28 de novembro de 2012.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Bolaño, Roberto (1996). Estrella distante (I ed.). Barcelona: Anagrama. ISBN 84-339-6673-1.
- Bolaño, Roberto (2003). Llamadas telefónicas (en castelán) (3ª ed.). Barcelona: Anagrama. ISBN 9788433910660.
- Bürger, Peter (1974). Teoría de la vanguardia (en castelán). Barcelona: Ediciones Península. ISBN 9788483070604.
- Herralde, Jorge (2005). Para Roberto Bolaño (I ed.). Barcelona: Acantilado. ISBN 84-96489-20-5.
- Lentricchia, Frank; McAuliffe, Jody (2003). Crimes of Art and Terror (I ed.). Londres: The University of Chicago Press. ISBN 0-226-47205-1.